2010/9/8 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >> Entendo logo que "retweet" non implica crear ou chío ou fío (non, non >> teño moita idea de que é o twitter) e polo tanto podería ser >> "responder"? Ou senón "reenviar" podería valer. Que pensades? >> >> Ata logo, >> Leandro Regueiro > > «Repetir» ou «Reenviar» supoño que valerían.
Investiguei un pouco máis: http://support.twitter.com/entries/77687-que-son-retweets-retwittear Agora entendo que o de "retweet" é coller o "tweet" doutra persoa e publicalo como propio, para que os teus seguidores tamén o vexan, non? Sería como "propagar" ou "difundir" a mensaxe orixinal, é dicir, como as ligazóns de "bactrack" ou "pingback" que se poñen nas novas dos blogs cando se envían a sitios como digg ou meneame, non? Outra cousa da que me decatei é que se usa "retweet" como verbo e como substantivo, o que complica un chisco máis o tema de atoparlle unha tradución axeitada. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

