2010/9/8 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2010/9/3 Xose M <pikam...@gmail.com>:
> >
> > 2010/9/1 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>
> >> 2010/9/1 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> >>> Xosé, sempre que as críticas sexan constructivas agradécense; cantas
> >>> máis
> >>> opinións mellor e moitas cousas nin sequera as debatemos antes :) .
> >>> A verdade é un bo tema o que propós: recoller literalmente a metáfora
> do
> >>> inglés ou ignorala. Chío para min acáelle ben a este tipo de eventos,
> >>> pero
> >>> só para as redes tipo twitter ou incluso fácebook, pero carece de
> >>> sentido
> >>> cando se comparte algo en fácebook vía gwibber ou é outro tipo de
> evento
> >>> nunha rede social, p.ex ou é algo tipo posterous. "Mandar mensaxe" é
> >>> algo
> >>> máis neutro. Se é unha app moi twitter-centrica usaría chiar/chio pero
> >>> senón
> >>> usaría algo máis xenérico.
> >>> Saúdos!!
> >>
> >> Concordo. Se mal non lembro no Chuza tamén tiñan chíos.
> >
> > grazas por axudarme.
> >
> > en canto a gwibber estades no certo, serve para máis cousas que twiitter
> e é
> > lóxico que teña opcións máis xenéricas que se adapten ás diferentes redes
> ás
> > que se pode conectar. Non o uso, polo que solo o abrín para ver cómo se
> > trataba o tema nel.
> >
> > a extensión en cuestión chámase Chromed Bird. Desafortunadamente para o
> > caso, esta extensión depende do servizo de internacionalización de google
> e
> > actualmente o "gl" ou "gl_ES" non aparece no listado. Creo que ten que
> ver
> > co asunto xa tratado por aquí da inclusión do galego no Webkit.
> >
> > traducín outras extensións (google mail checker plus) sen problema porque
> no
> > usan o mesmo servizo, pero esta en concreto ten esa dependencia.
> >
> > de tódolos xeitos, as extensións pódense instalar en "developer mode"
> (sen
> > compactar), polo que en realidade si que fixen a tradución pois só se
> trata
> > de machacar o ficheiro cos textos en inglés polos mesmos en galego.
> > Cando remate o traballo ó 100% enviareillelo ó mantedor do programa para
> que
> > o teña disponible cando o galego entre no webkit ese do c.....  Agora
> mesmo
> > teñoa funcionando sen problemas no meu pc en galego, así que se alguén
> > tivese interés nela pois que sepa que se pode facer.
> >
> > na traducción en si mesma estame a dar máis que pensar o "retweet" que o
> > "tweet" :D   rechíar, chíao de novo... sam, repíar :P  , ... . O feito de
> > que a mi me soe raro non debería ser obstáculo para usar determinado
> verbo,
> > pero supoño que é cuestión de levar tanto tempo usando a palabra
> inglesas.
> >  Se alguén quere propoñer algo sería de agradecer.
> >
> > Retweet refírese á acción de voltar a emitir a mensaxe (chío) que fixo
> outro
> > usuario. Sería como no correo electrónico a opción reenviar.
>
> Entendo logo que "retweet" non implica crear ou chío ou fío (non, non
> teño moita idea de que é o twitter) e polo tanto podería ser
> "responder"? Ou senón "reenviar" podería valer. Que pensades?
>
>
Un "retweet" é unha forma de propagación dunha mensaxe. Ata fai pouco eran
os propios usuarios os que tiñan que facelo manualmente, engadindo o
modificador "RT" seguido do identificador do emisor orixinal "@oquesexa" e
copiando a continuación o contido.
Debido a que isto se convertiu asiña en algo moi empregado, o equipo de
Twitter implementouno como opción, agora non estou seguro se se xera unha
nova mensaxe ou simplemente se asocian a un contador.

En calquera caso, "Responder"* non* sería, posto que xa existe unha opción
"Reply" para realizar precisamente iso, contestar a unha mensaxe. "Reenviar"
podería valer, pero se se vai a empregar "Chiar" para seguir o xogo habería
que considerar se "Rechiar" se axeitaría [que eu penso que non].


> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a