2010/9/3 Xose M <pikam...@gmail.com>:
>
> 2010/9/1 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>> 2010/9/1 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>>> Xosé, sempre que as críticas sexan constructivas agradécense; cantas
>>> máis
>>> opinións mellor e moitas cousas nin sequera as debatemos antes :) .
>>> A verdade é un bo tema o que propós: recoller literalmente a metáfora do
>>> inglés ou ignorala. Chío para min acáelle ben a este tipo de eventos,
>>> pero
>>> só para as redes tipo twitter ou incluso fácebook, pero carece de
>>> sentido
>>> cando se comparte algo en fácebook vía gwibber ou é outro tipo de evento
>>> nunha rede social, p.ex ou é algo tipo posterous. "Mandar mensaxe" é
>>> algo
>>> máis neutro. Se é unha app moi twitter-centrica usaría chiar/chio pero
>>> senón
>>> usaría algo máis xenérico.
>>> Saúdos!!
>>
>> Concordo. Se mal non lembro no Chuza tamén tiñan chíos.
>
> grazas por axudarme.
>
> en canto a gwibber estades no certo, serve para máis cousas que twiitter e é
> lóxico que teña opcións máis xenéricas que se adapten ás diferentes redes ás
> que se pode conectar. Non o uso, polo que solo o abrín para ver cómo se
> trataba o tema nel.
>
> a extensión en cuestión chámase Chromed Bird. Desafortunadamente para o
> caso, esta extensión depende do servizo de internacionalización de google e
> actualmente o "gl" ou "gl_ES" non aparece no listado. Creo que ten que ver
> co asunto xa tratado por aquí da inclusión do galego no Webkit.
>
> traducín outras extensións (google mail checker plus) sen problema porque no
> usan o mesmo servizo, pero esta en concreto ten esa dependencia.
>
> de tódolos xeitos, as extensións pódense instalar en "developer mode" (sen
> compactar), polo que en realidade si que fixen a tradución pois só se trata
> de machacar o ficheiro cos textos en inglés polos mesmos en galego.
> Cando remate o traballo ó 100% enviareillelo ó mantedor do programa para que
> o teña disponible cando o galego entre no webkit ese do c.....  Agora mesmo
> teñoa funcionando sen problemas no meu pc en galego, así que se alguén
> tivese interés nela pois que sepa que se pode facer.
>
> na traducción en si mesma estame a dar máis que pensar o "retweet" que o
> "tweet" :D   rechíar, chíao de novo... sam, repíar :P  , ... . O feito de
> que a mi me soe raro non debería ser obstáculo para usar determinado verbo,
> pero supoño que é cuestión de levar tanto tempo usando a palabra inglesas.
>  Se alguén quere propoñer algo sería de agradecer.
>
> Retweet refírese á acción de voltar a emitir a mensaxe (chío) que fixo outro
> usuario. Sería como no correo electrónico a opción reenviar.

Entendo logo que "retweet" non implica crear ou chío ou fío (non, non
teño moita idea de que é o twitter) e polo tanto podería ser
"responder"? Ou senón "reenviar" podería valer. Que pensades?

Ata logo,
                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a