Acabo de botarlle unha ollada ao último artigo de Seigo, e vai do concepto de “actividade” que se engadiu con KDE 4 e do concepto de “actividade“ de GNOME Shell 3. Mesmo nome, distinta cousa.
Pode que cumpra comentalo o sábado se sobra tempo (que o dubido moito), ou discutilo un pouco na lista. Non vexo problema en que se traduzan igual, pero ao mellor estaría ben se dispoñemos de vocabulario diferenciar ambos en galego. De todos xeitos, aínda non sei se cambiarán ou non o nome en inglés en GNOME antes de publicar a versión 3, así que ao mellor estaría ben esperarmos un tempo. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto