2010/12/11 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2010/10/17, mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> @miguel branco: podes  modificar consonte o acordado o tbx que hai no
>> repositorio'
>>
>> 2010/10/17, Manuel Vázquez <moro...@gmail.com>:
>>> Moitas grazas. Eu, como coordenador e tradutor en openSuse e tradutor
>>> en KDE, tamén asumo os acordos que tomastes e realizarei as
>>> modificacións oportunas.
>
> Coa finalidade de simplificar ao máximo esta tarefa, veño de elaborar
> un ficheiro de regras para o check-rules do pology mediante o cal se
> automatiza este tipo de revisións.
>
> Utilización:
> $posieve.py check-rules -slang:gl
> /rota/ao/cartafol/onde/estan/os/ficheiros[/ou/ao/ficheiro]
>
> Con isto obtense unha listaxe de erros. Co lokalize hai que ir abrindo
> e editando as unidades de tradución detectadas como continentes de
> erro (isto automatízase engadindo a opción -slokalize ao chourizo de
> antes).
>
> Para anular a detección de falsos erros, predeme en «engadir nota» no
> panel de metadatos da unidade do lokalize, e engadide un texto
> semellante a «skip-rule:idRegra1, idRegra2».
> Os id das regras aparecen la lista de erros do stdout.
>
> Sistemática da nomenclatura de regras: [no]PT-anoAcordo-wordTipo1[-wordTipo2]
> isto é: PT de Proxecto Trasno, antecedido por "no" se hai algo que non
> se axuste estritamente ao enunciado no correo que inicia esta
> conversa. Logo o número do ano no que se chegou ao acordo e logo unha
> lista de palabras separadas por trazos que veñen sendo as palabras
> acordadas.
> A utilidade do noPT face o PT simples é que se poden discriminar as
> regras estritas mediante unha opción do check-rules que está
> documentada (RTFM, que se dicía en tempos).
>
> [Disclaimer: vai noPT e non nonPT porque nalgún momento do futuro hai
> mudar todos os comentarios e datos documentais a inglés, agás os
> "hint", claro, porque son mensaxes destinadas ao usuario]

Moitas grazas Marce. Se non che importa, case podemos incluír isto na
nova dos resultados da Trasnada cando poidamos publicala.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a