Índice de palabras tratadas e solución. Non todos son termos, algunhas
son decisións sobre o estilo. De momento sen explicacións pero ordeno
as palabras da seguinte maneira:
termo inglés ? palabras candidadatas > palabra acordada (tras consenso
ou tras votación) + relacionadas de interese
1. Tab
(no sentido do widget gráfico das interfaces) ? separador, lingüeta,
pestana, lapela, guía, *aba > lapela
tabulación (para a acción)
tabulador (a tecla)
2. plugin ou plug-in
(en releción con add-on, extension, complement, module) ? plugin,
pluguin, complemento, engadido > complemento (en xeral) + engadido
(cando é un complemento que engade, modifica o comportamento do
programa). Plugin pasa a ser non recomendable.
3. window
?xanela, fiestra, ventá > xanela . Decisión totalmente definitiva.
4. attach
? adxuntar, anexar, xuntar, achegar > anexar
5. attachement (o que acompaña un correo especialmente)
? *adxunto, anexo > anexo
Queda como válido por ser tema diferente o modelo de
comunicación por correo "Un Achégolle" (= Un Saúda)
6. inválid command, en relación tamén ilegal command
command ?comando, orde > orde
invalid ?incorrecto
valid/invalid > correcto/incorrecto (en xeral).
No caso de inválid, haberá casos en que se necesite distinguir
matices entre "o que non cumpre as regras" e "o que non funciona".
Convén a adaptación ao caso/contexto. Neses casos pódese usar: mal
construído, non é válido, non válido
ilegal > inceptábel
7. grid
?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen
considerar grella como incorrecto.
8. show, display
?mostrar, amosar > consideráse prematuro. Quedan ambas como válidas
sen recomendar ningunha.
9. hide
? ocultar, agochar, acochar > considérase prematuro
10. insert
?inserir, introducir
Especial coidado nas interfaces:
insert your name > escriba o seu nome
11. search
? buscar, procurar, *pesquisar, pescudar > buscar
o subs. asociado será : busca (non procura)
12. find
?buscar, atopar > atopar
13. locate
?buscar, atopar, localizar > buscar, atopar ... pero con adaptación
aos matices do contexto pode ser "situar"
Incorporaranse ao Glósima como nun Glosario especial (Verbas
caristiosas) xa que son termos ou decisións estilísticas transversais
a toda a localización.
Estas decisións supoñen un acordo e un compromiso ao mesmo tempo. Así
o acordaron todos os presentes e especialmente os
coordinadores-líderes vinculados con Trasno dos principais proxectos
acordaron, palabra a palabra, a súa aplicación e uso sistemático.
Aínda que o resultado parece magro en número de decisións para a
cantidade de horas dedicadas de tal modo que practicamentes este
asunto monopolizou o tempo da xornada, a realidade é que se asentaron
métodos e criterios de decisión que nos van permitir ser moito máis
produtivos a partir de agora na toma de decisións.
Felicitémonos todos, especialmente polo autocontrol que nos levou a
trascender decisións e "tradicións" unilaterais.
Unha aperta,
Antón Méixome
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto