> Moitas grazas Marce. Se non che importa, case podemos incluír isto na
> nova dos resultados da Trasnada cando poidamos publicala.

Como queiras, de calquera maneira teño que mellorar mooito esas
regras, e en concreto teño que facer as duais, i.e., agora compróbase
que cando o msgid case cunha regex A o msgstr case con outra B [e non
case cunha terceira C], teño que facer tamén que cando o msgstr case
cunha regex B, o msgid case con outra A [e non case cunha cuarta D].
Vamos, mirar que na medida do posíbel poda estabelecerse unha
aplicación (matemática) bixectiva do conxunto de significantes en
inglés (cun significado implícito dado) ao de significantes en galego
(co mesmo significado implícito dado) *.


* Xa, xa é que aínda teño a cabeza fresca, agarda a que leve un par de
horas traballando.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a