On Thu, 25 Aug 2011 20:35:46 +0200
Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> wrote:

> un evento é algo que acontece de xeito non predeterminado
> "eventualmente", polo que nada acordado e programado é un evento
> 
[...]

Xuro e prometo que non é por tocar a moral, pero... Estamos seguros de
que 'evento' ten por forza ese matiz? Igual en orixe era así, pero o
certo é que eu nunca o vin empregado para significar iso.

Entón, pregunto: evento == eventualidade ?

Existe sequera a palabra 'eventualidade'? Eu sempre a escoitei no lugar
no que, segundo o que estamos a falar, se debería empregar 'evento':

" O de pagar un seguro é para ter as costas cubertas contra calquera
eventualidade"

Estou empezando a pensar que se trata dun castelanismo, ou así. En
castelán evento é tamén == "eventualidad" ? Se cadra, estrictamente, a
"eventualidade" é simplemente a "cualidade das cousas eventuais"... non
sei. Alguén pode poñer algo de luz? xa case máis por curiosidade que
outra cousa...

E, ben, para meter algo construtivo no correo, se cadra a min gústame
"acontecemento", ou "acto"... pero non sei, a verdade. 



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a