Boas:
Traio aquí unha discusión do grupo de mozilla.
A dúbida é a tradución de event
Resulta que aquí:
http://idiomas.astalaweb.com/ingl%C3%A9s/v2/False%20friends%202.asp
hai unha lista de falsos amigos en español(moi interesante por certo),
nela está "event"
Event Evento(falso amigo) Suceso, acontecimiento (evento en
español se refiere a una eventualidad, un hecho imprevisto)
Non sei se en galego é o mesmo caso.
Actualmente estase a traducir Event--> Evento.
Aínda que en determinados contextos a tradución pode ser correcta,
explícome:
Polo que entendín un evento é un acontecemento, suceso imprevisto.
Entendido así, un erro, un aviso serían eventos. De ser o caso, o uso
errado de evento, viría por chamarlle evento a algo predecíbel e que se
vai indicar nun calendario para unha data concreta.
Ollo, a fonte é en español ao mellor en galego non se da tal distinción.
O aplicativo calendar de mozilla, polo que se ve, noutras linguas están
a traducir como evento, incluso español, o catalá parece que emprega cita.
Opinións?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto