2011/9/9 Antón Méixome <[email protected]>: > Grazas Tomás polo teu traballo e benvido á lista :-) > > A ver logo se se pode montar pronto nun servidor para vela de modo > conveniente. Ten a palabra sobre isto Fran > > > 2011/9/5 Tomás Vega <[email protected]>: >> Ola a todos, >> en primeiro lugar preséntome, son Tomás, estudante de enxeñería informática, >> e estou a desenvolver (como traballo de fin de carreira) para OSL, unha >> aplicación web que servirá como servidor centralizado de traducións; supoño >> que algúns xa coñeceredes o tema, pero para quen non teña coñecemento; a >> aplicación, de forma moi resumida, permitirá subir arquivos TMX ó servidor, >> almacenárase o contido de ditos arquivos e posteriormente poderase utilizar >> un buscador que emitirá resultados segundo a búsqueda realizada. > > Necesitamos esa ferramenta > > Unha idea... sería posible crear un miniprograma para crear > automaticamente e -- coa estrutura completa e correcta dos TMX que > manexará ese servidor-- os ficheiros .tmx a partir de ficheiros .po.
Refíreste a isto http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/po2tmx ? > ou aínda máis «avanzado». Que o servidor poida recibir un arquivo > (tar.gz ou zip) cun conxunto de .po e que automaticamente cree a > memoria e a incorpore. > >> >> Levo traballando algún tempo no proxecto baixo a coordinación e axuda de >> Fran Diéguez; estiven sobre todo adaptándome á tecnoloxía escollida para >> levalo a cabo (Zend Framework), pero entre as clases antes e agora o >> traballo, o proxecto aínda está, poderíase dicir que, botando a andar. De >> agora en adiante penso centrarme moito mais nel e por iso gustaríame >> pedirvos a vosa colaboración, non só me refiro a probalo a ver se funciona, >> senón como vos gustaría que fose, que credes que lle falta, que cousas vedes >> que son útiles e cales non, é dicir, como queredes que sexa, xa que a fin de >> contas está pensada para vós :) >> >> Ata agora teño feita o que sería unha versión base (que seguramente conteña >> algún erro, xa aviso xD) que poderedes atopar en gitHub, o meu usuario en >> gitHub é "tomasVega" e o proxecto chámase "proyectoOSL". Estou pendente de >> falar con Fran para montala no servidor e que teñades acceso directo (que é >> moito mais cómodo), en calqueira caso, se lle botades unha ollada non >> teñades en conta o estilo da páxina (que é simplemente para dar formato). >> >> Aínda que no montedes a aplicación, todas aquelas ideas ou suxerencias que >> teñades respecto á mesma (tanto funcionalidades como suxerencias sobre o >> estilo da páxina, etc) serán benvidas e tratarei de implementalas na medida >> do posible. >> >> Por último, dicirvos que estou na procura dun nome para App, pensei nalgún >> coma "Trobador" pero non me convencen, e gustaríame, se vos parece, >> compartir esta tarefa con vos, xa que seguramente poderades achegar un nome >> máis adecuado do que o poida facer eu xD > > Sobre o nome ... sorpréndeme a proposta "trobador". Supóñote de > formación informática e non sei se sabes que "trobar" significa > "atopar". Asi que "trobador" é un nome perfecto para un buscador de > coincidencias. > >> >> E iso é todo, perdoade polo tostón de email e desculpade o meu galego, no >> adoito a usalo a nivel escrito, as correcións ortográficas tamén son >> benvidas. > > Está moi ben escrito > >> >> Saúdos. >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

