2011/9/9 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2011/9/9 Antón Méixome <[email protected]>: >> Grazas Tomás polo teu traballo e benvido á lista :-) >> >> A ver logo se se pode montar pronto nun servidor para vela de modo >> conveniente. Ten a palabra sobre isto Fran >> >> >> 2011/9/5 Tomás Vega <[email protected]>: >>> Ola a todos, >>> en primeiro lugar preséntome, son Tomás, estudante de enxeñería informática, >>> e estou a desenvolver (como traballo de fin de carreira) para OSL, unha >>> aplicación web que servirá como servidor centralizado de traducións; supoño >>> que algúns xa coñeceredes o tema, pero para quen non teña coñecemento; a >>> aplicación, de forma moi resumida, permitirá subir arquivos TMX ó servidor, >>> almacenárase o contido de ditos arquivos e posteriormente poderase utilizar >>> un buscador que emitirá resultados segundo a búsqueda realizada. >> >> Necesitamos esa ferramenta >> >> Unha idea... sería posible crear un miniprograma para crear >> automaticamente e -- coa estrutura completa e correcta dos TMX que >> manexará ese servidor-- os ficheiros .tmx a partir de ficheiros .po. > > Refíreste a isto http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/po2tmx ? > >> ou aínda máis «avanzado». Que o servidor poida recibir un arquivo >> (tar.gz ou zip) cun conxunto de .po e que automaticamente cree a >> memoria e a incorpore. >>
Claro que é iso, de ida e de volta, pero o "tema" é producir un TMX «completo e estandarizado», con cadeas únicas e que se poida utilizar na maioría das ferramentas TAC. Nós pensamos só nas nosas necesidades básicas, para as que chegaría cun TMX de nivel 1 pero, creo que o proxecto sería moito máis aproveitable por tradutores de todo tipo se puidese implementar as TMX de nivel 2. A versión 1.4 de TMX estaría aí como a referencia. O sistema web tamén podería facer desde estatísticas a >>> >>> Levo traballando algún tempo no proxecto baixo a coordinación e axuda de >>> Fran Diéguez; estiven sobre todo adaptándome á tecnoloxía escollida para >>> levalo a cabo (Zend Framework), pero entre as clases antes e agora o >>> traballo, o proxecto aínda está, poderíase dicir que, botando a andar. De >>> agora en adiante penso centrarme moito mais nel e por iso gustaríame >>> pedirvos a vosa colaboración, non só me refiro a probalo a ver se funciona, >>> senón como vos gustaría que fose, que credes que lle falta, que cousas vedes >>> que son útiles e cales non, é dicir, como queredes que sexa, xa que a fin de >>> contas está pensada para vós :) >>> >>> Ata agora teño feita o que sería unha versión base (que seguramente conteña >>> algún erro, xa aviso xD) que poderedes atopar en gitHub, o meu usuario en >>> gitHub é "tomasVega" e o proxecto chámase "proyectoOSL". Estou pendente de >>> falar con Fran para montala no servidor e que teñades acceso directo (que é >>> moito mais cómodo), en calqueira caso, se lle botades unha ollada non >>> teñades en conta o estilo da páxina (que é simplemente para dar formato). >>> >>> Aínda que no montedes a aplicación, todas aquelas ideas ou suxerencias que >>> teñades respecto á mesma (tanto funcionalidades como suxerencias sobre o >>> estilo da páxina, etc) serán benvidas e tratarei de implementalas na medida >>> do posible. >>> >>> Por último, dicirvos que estou na procura dun nome para App, pensei nalgún >>> coma "Trobador" pero non me convencen, e gustaríame, se vos parece, >>> compartir esta tarefa con vos, xa que seguramente poderades achegar un nome >>> máis adecuado do que o poida facer eu xD >> >> Sobre o nome ... sorpréndeme a proposta "trobador". Supóñote de >> formación informática e non sei se sabes que "trobar" significa >> "atopar". Asi que "trobador" é un nome perfecto para un buscador de >> coincidencias. >> >>> >>> E iso é todo, perdoade polo tostón de email e desculpade o meu galego, no >>> adoito a usalo a nivel escrito, as correcións ortográficas tamén son >>> benvidas. >> >> Está moi ben escrito >> >>> >>> Saúdos. >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

