Boas tardes, Douseme por poñerme a traducir software náutico que utilizo habitualmente (OpenCPN, Zygrib...), e como é a primeira vez que traduzo pois teño algunhas dúbidas. Comecei con OpenCPN, cun arquivo .pot (aquí: http://ir.gl/61ceff), xa fixen case toda a tradución, pero nalgúns casos paréceme imposible de facer, xa que sen saber o contexto é difícil saber a que se refire. Ex: *Rollover*, aparece varias veces así todo xunto, e sen o contexto... *Offset* tamén, por ex. "User X Offset" Podería ser algo así como "Usuario X compensado/desprazado"???, *Timestamp, Quilting* (por ex. "Disable Full Screen Quilting" ou "Enable Chart Quilting" que ven sendo unha opción que ten o programa para xuntar diferentes cartas en unha coa mesma escala, pero non lle encontro unha tradución concisa). Por iso preguntaba que soedes facer vos neses casos no que a tradución pode ser moi ambigua, se deixalo en inglés ou que. E si alguén me puidera iluminar un pouco respecto a estos termos tamén estaría ben :)
Saúdos.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

