2011/10/6 khan...@gmail.com <khan...@gmail.com>:
> Gracias a todos polas respostas.
> Xa sei que hai que buscar antes de preguntar, e xa o fixen, pero como era a
> primeira vez e andaba algo perdido, pois vin ó fácil.
> Xa elexin este tipo de software porque en teoría os termos nauticos en
> inglés debería sabelos (para algo estudo náutica;). E xa intento facer
> tradición interpretativa ata onde entendo, porque botinlle unha ollada á
> tradución española e é bastante literal, cousa que intento evitar.
> Pois iso, moitas grazas pola info, así da gusto.
> Deica.

Non teñas medo de preguntar, que ningún de nós apareceu por aquí
sabendo xa, e menos sabendo todo.

Fozando un chisco máis atopei isto respecto a «rollover», que máis ou
menos coincide coa idea que tiña eu:
http://en.wikipedia.org/wiki/Rollover_(web_design) Resumindo, é unha
especie de botón que fai que algo cambie ao pasar co rato por riba
del, por exemplo mostrando algo nunha carta mariña. Habería que buscar
na interface os sitios onde aparece «rollover» e ver se se pode
traducir directamente por algo como botón, ou outra tradución mellor
que poida xurdir.

Deica

> ----- Reply message -----
> De: "Leandro Regueiro" <leandro.regue...@gmail.com>
> Fecha: mié., oct. 5, 2011 19:29
> Asunto: Dúbidas sobre traducións
> Para: <proxecto@trasno.net>
>
> 2011/10/5 Kaptan <khan...@gmail.com>:
>> Boas tardes,
>> Douseme por poñerme a traducir software náutico que utilizo habitualmente
>> (OpenCPN, Zygrib...), e como é a primeira vez que traduzo pois teño
>> algunhas
>> dúbidas.
>> Comecei con OpenCPN, cun arquivo .pot (aquí: http://ir.gl/61ceff), xa
>> fixen
>> case toda a tradución, pero nalgúns casos paréceme imposible de facer, xa
>> que sen saber o contexto é difícil saber a que se refire. Ex: Rollover,
>> aparece varias veces así todo xunto, e sen o contexto... Offset tamén, por
>> ex. "User X Offset" Podería ser algo así como "Usuario X
>> compensado/desprazado"???, Timestamp
>
> A tradución maioritaria e recomendada pola maior parte dos glosarios
> para «timestamp» é «marca de tempo». Respecto ao verbo a cousa non
> está tan clara.
>
> «offset» podería traducirse como «desprazamento», pero a veces hai
> palabras que en determinados contextos hai que traducilas dunha forma
> diferente á normal. Precisaría algo máis de contexto.
>
>> , Quilting (por ex. "Disable Full Screen
>> Quilting" ou "Enable Chart Quilting" que ven sendo unha opción que ten o
>> programa para xuntar diferentes cartas en unha coa mesma escala, pero non
>> lle encontro unha tradución concisa).
>
> Despois de mirar en dicionarios parece que a idea é crear un mapa, ou
> unha manta, xuntando varios anacos. Sei que hai unha palabra para
> expresar isto, pero non me sae.
>
>> Por iso preguntaba que soedes facer vos neses casos no que a tradución
>> pode
>> ser moi ambigua, se deixalo en inglés ou que. E si alguén me puidera
>> iluminar un pouco respecto a estos termos tamén estaría ben :)
>
> Pois preguntamos aquí. Evidentemente a veces antes de vir aquí coa
> dúbida intentamos ver se son cousas que xa se discutiron antes e para
> as que hai solución (caso de timestamp). Pode que non se teña
> discutido pero que alguén propuxera unha tradución, o cal se pode
> consultar en http://en.gl.open-tran.eu/ Non o tomes a mal, que boa
> parte de nós tampouco nos paramos a buscar estas cousas.
>
> Outras veces consultando un dicionario, como os que hai en
> http://wiki.trasno.net/Recursos_do_idioma_ingl%C3%A9s podemos resolver
> a dúbida sen necesidade de acudir á rolda. Hai moitos máis recursos na
> sección de recursos do wiki: http://wiki.trasno.net/Recursos
>
> A veces hai textos que son difíciles de entender ou case imposibles de
> traducir directamente. Nestes casos axuda localizar o lugar exacto no
> que aparecen na interface para entender de que se trata, o que vén
> sendo ese contexto do que falabas.
>
> No caso deses "rollover" dos que falas pode ser que non haxa que
> traducilos xa que parece que moitas veces son varias palabras pegadas.
> En caso de dúbida é mellor preguntarlles directamente aos
> desenvolvedores, porque xa non é a primeira vez que se decatan de que
> marcaron textos para traducir que non hai que traducir. Esta opción a
> veces é especialmente útil xa que así os desenvolvedores tamén poden
> engadir comentarios para axudarlle aos futuros tradutores en caso de
> que si sexa algo que hai que traducir e en caso de que estean polo
> labor.
>
> Tamén se pode dar o caso de que facer unha tradución directa non sexa
> a mellor opción. A veces hai que captar a idea que se quere expresar e
> despois intentar expresala en galego. Nestes casos o parecido da
> tradución co texto orixinal pode ser case inexistente, pero o usuario
> é capaz de entender perfectamente o que se quere transmitir. A isto
> poderiamos chamarlle tradución interpretativa. Isto dase a miúdo cando
> o que redactou o texto en inglés non é capaz de expresarse
> correctamente. Para facer isto é moi recomendable abrir o programa que
> se vai traducir e ir traducindo os textos que se ven na interface.
>
> En casos tan particulares como este, cunha terminoloxía tan
> específica, a veces hai que traballar máis do normal para poder
> traducir dado que hai que resolver antes o problema da terminoloxía.
> Se se atopan glosarios sobre ese campo en particular reaprovéitanse,
> pero a miúdo non se conta con esta axuda.
>
> En caso de non saber como traducir sempre se pode deixar sen traducir.
> O programa poderase seguir empregando en galego, só que para eses
> textos en particular aparecerá o texto en inglés. Nun futuro sempre se
> pode rematar a tradución cando se teña un coñecemento máis amplo.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a