2011/10/5 Antón Méixome <[email protected]>: > 2011/10/5 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> 2011/10/5 Kaptan <[email protected]>: >>> Boas tardes, >>> Douseme por poñerme a traducir software náutico que utilizo habitualmente >>> (OpenCPN, Zygrib...), e como é a primeira vez que traduzo pois teño algunhas >>> dúbidas. >>> Comecei con OpenCPN, cun arquivo .pot (aquí: http://ir.gl/61ceff), xa fixen >>> case toda a tradución, pero nalgúns casos paréceme imposible de facer, xa >>> que sen saber o contexto é difícil saber a que se refire. Ex: Rollover, >>> aparece varias veces así todo xunto, e sen o contexto... Offset tamén, por >>> ex. "User X Offset" Podería ser algo así como "Usuario X >>> compensado/desprazado"???, Timestamp > > Ou Desprazamento do usuario X (mellor adaptalo ao caso concreto) > >> >> A tradución maioritaria e recomendada pola maior parte dos glosarios >> para «timestamp» é «marca de tempo». Respecto ao verbo a cousa non >> está tan clara. >> >> «offset» podería traducirse como «desprazamento», pero a veces hai >> palabras que en determinados contextos hai que traducilas dunha forma >> diferente á normal. Precisaría algo máis de contexto. >> >>> , Quilting (por ex. "Disable Full Screen >>> Quilting" ou "Enable Chart Quilting" que ven sendo unha opción que ten o >>> programa para xuntar diferentes cartas en unha coa mesma escala, pero non >>> lle encontro unha tradución concisa). >> >> Despois de mirar en dicionarios parece que a idea é crear un mapa, ou >> unha manta, xuntando varios anacos. Sei que hai unha palabra para >> expresar isto, pero non me sae. > > patchwork ou tecido con retallos
máis que tecidos... e o concepto da "colcha de retallos"... se falamos de cartas mariñas/mapas eu atreveríame a dicir "carta/mapa de[baseada en] retallos" > >> >>> Por iso preguntaba que soedes facer vos neses casos no que a tradución pode >>> ser moi ambigua, se deixalo en inglés ou que. E si alguén me puidera >>> iluminar un pouco respecto a estos termos tamén estaría ben :) >> >> Pois preguntamos aquí. Evidentemente a veces antes de vir aquí coa >> dúbida intentamos ver se son cousas que xa se discutiron antes e para >> as que hai solución (caso de timestamp). Pode que non se teña >> discutido pero que alguén propuxera unha tradución, o cal se pode >> consultar en http://en.gl.open-tran.eu/ Non o tomes a mal, que boa >> parte de nós tampouco nos paramos a buscar estas cousas. >> >> Outras veces consultando un dicionario, como os que hai en >> http://wiki.trasno.net/Recursos_do_idioma_ingl%C3%A9s podemos resolver >> a dúbida sen necesidade de acudir á rolda. Hai moitos máis recursos na >> sección de recursos do wiki: http://wiki.trasno.net/Recursos >> >> A veces hai textos que son difíciles de entender ou case imposibles de >> traducir directamente. Nestes casos axuda localizar o lugar exacto no >> que aparecen na interface para entender de que se trata, o que vén >> sendo ese contexto do que falabas. >> >> No caso deses "rollover" dos que falas pode ser que non haxa que >> traducilos xa que parece que moitas veces son varias palabras pegadas. >> En caso de dúbida é mellor preguntarlles directamente aos >> desenvolvedores, porque xa non é a primeira vez que se decatan de que >> marcaron textos para traducir que non hai que traducir. Esta opción a >> veces é especialmente útil xa que así os desenvolvedores tamén poden >> engadir comentarios para axudarlle aos futuros tradutores en caso de >> que si sexa algo que hai que traducir e en caso de que estean polo >> labor. >> >> Tamén se pode dar o caso de que facer unha tradución directa non sexa >> a mellor opción. A veces hai que captar a idea que se quere expresar e >> despois intentar expresala en galego. Nestes casos o parecido da >> tradución co texto orixinal pode ser case inexistente, pero o usuario >> é capaz de entender perfectamente o que se quere transmitir. A isto >> poderiamos chamarlle tradución interpretativa. Isto dase a miúdo cando >> o que redactou o texto en inglés non é capaz de expresarse >> correctamente. Para facer isto é moi recomendable abrir o programa que >> se vai traducir e ir traducindo os textos que se ven na interface. >> >> En casos tan particulares como este, cunha terminoloxía tan >> específica, a veces hai que traballar máis do normal para poder >> traducir dado que hai que resolver antes o problema da terminoloxía. >> Se se atopan glosarios sobre ese campo en particular reaprovéitanse, >> pero a miúdo non se conta con esta axuda. >> >> En caso de non saber como traducir sempre se pode deixar sen traducir. >> O programa poderase seguir empregando en galego, só que para eses >> textos en particular aparecerá o texto en inglés. Nun futuro sempre se >> pode rematar a tradución cando se teña un coñecemento máis amplo. >> >> Deica >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

