2011/10/5 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> 2011/10/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> 2011/10/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> 2011/10/5 Kaptan <khan...@gmail.com>:
>>>> Boas tardes,
>>>> Douseme por poñerme a traducir software náutico que utilizo habitualmente
>>>> (OpenCPN, Zygrib...), e como é a primeira vez que traduzo pois teño 
>>>> algunhas
>>>> dúbidas.
>>>> Comecei con OpenCPN, cun arquivo .pot (aquí: http://ir.gl/61ceff), xa fixen
>>>> case toda a tradución, pero nalgúns casos paréceme imposible de facer, xa
>>>> que sen saber o contexto é difícil saber a que se refire. Ex: Rollover,
>>>> aparece varias veces así todo xunto, e sen o contexto... Offset tamén, por
>>>> ex. "User X Offset" Podería ser algo así como "Usuario X
>>>> compensado/desprazado"???, Timestamp
>>
>> Ou Desprazamento do usuario X (mellor adaptalo ao caso concreto)
>>
>>>
>>> A tradución maioritaria e recomendada pola maior parte dos glosarios
>>> para «timestamp» é «marca de tempo». Respecto ao verbo a cousa non
>>> está tan clara.
>>>
>>> «offset» podería traducirse como «desprazamento», pero a veces hai
>>> palabras que en determinados contextos hai que traducilas dunha forma
>>> diferente á normal. Precisaría algo máis de contexto.
>>>
>>>> , Quilting (por ex. "Disable Full Screen
>>>> Quilting" ou "Enable Chart Quilting" que ven sendo unha opción que ten o
>>>> programa para xuntar diferentes cartas en unha coa mesma escala, pero non
>>>> lle encontro unha tradución concisa).
>>>
>>> Despois de mirar en dicionarios parece que a idea é crear un mapa, ou
>>> unha manta, xuntando varios anacos. Sei que hai unha palabra para
>>> expresar isto, pero non me sae.
>>
>> patchwork ou tecido con retallos
>
> máis que tecidos... e o concepto da "colcha de retallos"... se falamos
> de cartas mariñas/mapas eu atreveríame a dicir "carta/mapa de[baseada
> en] retallos"
>

He, he. Pois si... as famosas colchas
>>
>>>
>>>> Por iso preguntaba que soedes facer vos neses casos no que a tradución pode
>>>> ser moi ambigua, se deixalo en inglés ou que. E si alguén me puidera
>>>> iluminar un pouco respecto a estos termos tamén estaría ben :)
>>>
>>> Pois preguntamos aquí. Evidentemente a veces antes de vir aquí coa
>>> dúbida intentamos ver se son cousas que xa se discutiron antes e para
>>> as que hai solución (caso de timestamp). Pode que non se teña
>>> discutido pero que alguén propuxera unha tradución, o cal se pode
>>> consultar en http://en.gl.open-tran.eu/ Non o tomes a mal, que boa
>>> parte de nós tampouco nos paramos a buscar estas cousas.
>>>
>>> Outras veces consultando un dicionario, como os que hai en
>>> http://wiki.trasno.net/Recursos_do_idioma_ingl%C3%A9s podemos resolver
>>> a dúbida sen necesidade de acudir á rolda. Hai moitos máis recursos na
>>> sección de recursos do wiki: http://wiki.trasno.net/Recursos
>>>
>>> A veces hai textos que son difíciles de entender ou case imposibles de
>>> traducir directamente. Nestes casos axuda localizar o lugar exacto no
>>> que aparecen na interface para entender de que se trata, o que vén
>>> sendo ese contexto do que falabas.
>>>
>>> No caso deses "rollover" dos que falas pode ser que non haxa que
>>> traducilos xa que parece que moitas veces son varias palabras pegadas.
>>> En caso de dúbida é mellor preguntarlles directamente aos
>>> desenvolvedores, porque xa non é a primeira vez que se decatan de que
>>> marcaron textos para traducir que non hai que traducir. Esta opción a
>>> veces é especialmente útil xa que así os desenvolvedores tamén poden
>>> engadir comentarios para axudarlle aos futuros tradutores en caso de
>>> que si sexa algo que hai que traducir e en caso de que estean polo
>>> labor.
>>>
>>> Tamén se pode dar o caso de que facer unha tradución directa non sexa
>>> a mellor opción. A veces hai que captar a idea que se quere expresar e
>>> despois intentar expresala en galego. Nestes casos o parecido da
>>> tradución co texto orixinal pode ser case inexistente, pero o usuario
>>> é capaz de entender perfectamente o que se quere transmitir. A isto
>>> poderiamos chamarlle tradución interpretativa. Isto dase a miúdo cando
>>> o que redactou o texto en inglés non é capaz de expresarse
>>> correctamente. Para facer isto é moi recomendable abrir o programa que
>>> se vai traducir e ir traducindo os textos que se ven na interface.
>>>
>>> En casos tan particulares como este, cunha terminoloxía tan
>>> específica, a veces hai que traballar máis do normal para poder
>>> traducir dado que hai que resolver antes o problema da terminoloxía.
>>> Se se atopan glosarios sobre ese campo en particular reaprovéitanse,
>>> pero a miúdo non se conta con esta axuda.
>>>
>>> En caso de non saber como traducir sempre se pode deixar sen traducir.
>>> O programa poderase seguir empregando en galego, só que para eses
>>> textos en particular aparecerá o texto en inglés. Nun futuro sempre se
>>> pode rematar a tradución cando se teña un coñecemento máis amplo.
>>>
>>> Deica
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a