2011/10/5 Kaptan <khan...@gmail.com>:
> Boas tardes,
> Douseme por poñerme a traducir software náutico que utilizo habitualmente
> (OpenCPN, Zygrib...), e como é a primeira vez que traduzo pois teño algunhas
> dúbidas.
> Comecei con OpenCPN, cun arquivo .pot (aquí: http://ir.gl/61ceff), xa fixen
> case toda a tradución, pero nalgúns casos paréceme imposible de facer, xa
> que sen saber o contexto é difícil saber a que se refire. Ex: Rollover,
> aparece varias veces así todo xunto, e sen o contexto... Offset tamén, por
> ex. "User X Offset" Podería ser algo así como "Usuario X
> compensado/desprazado"???, Timestamp

A tradución maioritaria e recomendada pola maior parte dos glosarios
para «timestamp» é «marca de tempo». Respecto ao verbo a cousa non
está tan clara.

«offset» podería traducirse como «desprazamento», pero a veces hai
palabras que en determinados contextos hai que traducilas dunha forma
diferente á normal. Precisaría algo máis de contexto.

> , Quilting (por ex. "Disable Full Screen
> Quilting" ou "Enable Chart Quilting" que ven sendo unha opción que ten o
> programa para xuntar diferentes cartas en unha coa mesma escala, pero non
> lle encontro unha tradución concisa).

Despois de mirar en dicionarios parece que a idea é crear un mapa, ou
unha manta, xuntando varios anacos. Sei que hai unha palabra para
expresar isto, pero non me sae.

> Por iso preguntaba que soedes facer vos neses casos no que a tradución pode
> ser moi ambigua, se deixalo en inglés ou que. E si alguén me puidera
> iluminar un pouco respecto a estos termos tamén estaría ben :)

Pois preguntamos aquí. Evidentemente a veces antes de vir aquí coa
dúbida intentamos ver se son cousas que xa se discutiron antes e para
as que hai solución (caso de timestamp). Pode que non se teña
discutido pero que alguén propuxera unha tradución, o cal se pode
consultar en http://en.gl.open-tran.eu/ Non o tomes a mal, que boa
parte de nós tampouco nos paramos a buscar estas cousas.

Outras veces consultando un dicionario, como os que hai en
http://wiki.trasno.net/Recursos_do_idioma_ingl%C3%A9s podemos resolver
a dúbida sen necesidade de acudir á rolda. Hai moitos máis recursos na
sección de recursos do wiki: http://wiki.trasno.net/Recursos

A veces hai textos que son difíciles de entender ou case imposibles de
traducir directamente. Nestes casos axuda localizar o lugar exacto no
que aparecen na interface para entender de que se trata, o que vén
sendo ese contexto do que falabas.

No caso deses "rollover" dos que falas pode ser que non haxa que
traducilos xa que parece que moitas veces son varias palabras pegadas.
En caso de dúbida é mellor preguntarlles directamente aos
desenvolvedores, porque xa non é a primeira vez que se decatan de que
marcaron textos para traducir que non hai que traducir. Esta opción a
veces é especialmente útil xa que así os desenvolvedores tamén poden
engadir comentarios para axudarlle aos futuros tradutores en caso de
que si sexa algo que hai que traducir e en caso de que estean polo
labor.

Tamén se pode dar o caso de que facer unha tradución directa non sexa
a mellor opción. A veces hai que captar a idea que se quere expresar e
despois intentar expresala en galego. Nestes casos o parecido da
tradución co texto orixinal pode ser case inexistente, pero o usuario
é capaz de entender perfectamente o que se quere transmitir. A isto
poderiamos chamarlle tradución interpretativa. Isto dase a miúdo cando
o que redactou o texto en inglés non é capaz de expresarse
correctamente. Para facer isto é moi recomendable abrir o programa que
se vai traducir e ir traducindo os textos que se ven na interface.

En casos tan particulares como este, cunha terminoloxía tan
específica, a veces hai que traballar máis do normal para poder
traducir dado que hai que resolver antes o problema da terminoloxía.
Se se atopan glosarios sobre ese campo en particular reaprovéitanse,
pero a miúdo non se conta con esta axuda.

En caso de non saber como traducir sempre se pode deixar sen traducir.
O programa poderase seguir empregando en galego, só que para eses
textos en particular aparecerá o texto en inglés. Nun futuro sempre se
pode rematar a tradución cando se teña un coñecemento máis amplo.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a