Grazas Antón!
Gran achega.

En 18/04/2012 16:44, Antón Méixome escribiu:
El día 18 de abril de 2012 16:18, Antón Méixome<cert...@certima.net>  escribió:
cibercafé e un neoloxismo recoñecido desde o ano 2003. Sen problemas.

Incluso non sei se estará nalgunha lei.


Sospeitábao!!

DECRETO 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de
espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma
de Galicia.

«-2.6.6. Cibercafé, salóns ciber e similares: establecementos públicos
fixos, independentes ou agrupados con outros que, debidamente
autorizados, se destinan con carácter permanente a proporcionar aos
asistentes, de forma gratuíta ou mediante o aboamento de cantidades
monetarias, un tempo de uso de ordenadores para o acceso á internet ou
a calquera das súas funcións, así como, se é o caso, servizo de bar
aos usuarios dentro das instalacións. Queda prohibida a entrada aos
menores de 18 anos se neles se serven bebidas alcólicas durante o
tempo en que exista o devandito servizo. Estará tamén prohibida a
entrada a menores de idade a estes locais durante o tempo en que as
conexións ás redes informáticas da internet non teñan ningún tipo de
limitación referida á idade do usuario. »




El día 18 de abril de 2012 11:56, Enrique Estévez Fernández
<e...@keko.me>  escribió:
Boas.

Non sei se este termo está traducido. Busquei no tmx das trasnadas, en
open-tran, no cluvi e nalgún lugar máis e non atopei nada. Se me
equivoco e xa está traducido e fixado o termo, que alguen o apunte es
senón que propodes:

internet cafe (cibercafé, penso eu. En castelán empregaron este
termo). Por agora empregei bar con internet, pero non se adecua moito.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a