2012/5/7 damufo <[email protected]>: > > > En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu: > >> Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo >> electrónico >> para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder >> asistir expresen tamén a súa opinión. >> >> Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións >> ás >> que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos >> que >> tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase. >> >> >> Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no >> TBX >> das trasnadas aparecen así: >> >> - initialization → inicialización >> >> - initialize → inicializar >> >> - environment → entorno > > Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que > tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara. >
Ao revés. O que parece non valer é contorno/a. Esta última de ningunha maneira. >> - application, app → aplicativo >> >> Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden >> así? As alternativas son aplicación, programa. A idea era especializar a parella: aplicación (sen valor de termo, acción ou efecto de aplicar algo) /aplicativo (con valor substantivo, de termo especializado) programa (con valor xeral, non especializado pola dificultade de acoutar o seu valor) >> >> >> Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase >> a >> súa discusión. >> >> - altofalante vs altoparlante >> >> Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a >> única que contempla o DRAG é «altofalante». >> >> - computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas) E aquí a RAG, recolle computadora, ordenador :-( En xeral, A lista de termos de discusión está a cargo de Leandro, que é tamén quen toma nota dos acordos. Eu prefiro que preparemos as entradas propostas da seguinte maneira, como ata agora - alguén ten unha dúbida ou fai unha proposta (Leandro anota para a Trasnada ou comenta se hai xa decisión) - o que inicia a discusión, argumenta ou propón e os demais engaden, rebaten ou fan propostas. - o que inicia a discusión pode pechala, informando da decisión temporal que toma para o seu goberno Prepaŕase a trasnada cos termos abertos tomando en conta a súa transcendencia ou urxencia - cada un prepara a súa posición para discutir e acordar. Polo menos saber se lle afecta, canto, e cal é a tradución actual nos proxectos de referencia. - observación doutras fontes (outros grupos ou traducións, decisións académicas, outras referencias) - No caso de non poder asistir pode enviar notas para a Trasnada a cargo de Leandro Discusión e acordo - Definición e proposta de implantación - Implantación xeral para o seguinte ciclo de localizacións - Creación do TBX actualizado - Actualización das MT O problema que temos neste momento é que pasou moito tempo desde a última, que ademais non foi moi numerosa a asistencia polo que temos bastante caos en cal é a situación actual. Este método é moito máis serio e produtivo porque permite "pechar" e avanzar. Estou convencido de que se tivesemos as ferramentas actualizadas e baixo control todo sería máis rápido e máis eficaz. Haberá que repartirse o traballo. >> >> --- >> [1] >> >> https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

