2012/5/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2012/5/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> 2012/5/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> 2012/5/7 damufo <dam...@gmail.com>:
>>>>
>>>>
>>>> En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>>>
>>>>> Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo
>>>>> electrónico
>>>>> para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder
>>>>> asistir expresen tamén a súa opinión.
>>>>>
>>>>> Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións
>>>>> ás
>>>>> que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos
>>>>> que
>>>>> tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase.
>>>>>
>>>>>
>>>>> Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no
>>>>> TBX
>>>>> das trasnadas aparecen así:
>>>>>
>>>>> - initialization → inicialización
>>>>>
>>>>> - initialize → inicializar
>>>>>
>>>>> - environment → entorno
>>>>
>>>> Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que
>>>> tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara.
>>>>
>>>
>>> Ao revés. O que parece non valer é contorno/a. Esta última de ningunha 
>>> maneira.
>>>
>>>
>>>>> - application, app → aplicativo
>>>>>
>>>>> Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden
>>>>> así?
>>>
>>> As alternativas son aplicación, programa. A idea era especializar a parella:
>>>
>>> aplicación (sen valor de termo, acción ou efecto de aplicar algo)
>>> /aplicativo (con valor substantivo, de termo especializado)
>>> programa (con valor xeral, non especializado pola dificultade de
>>> acoutar o seu valor)
>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>> Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase
>>>>> a
>>>>> súa discusión.
>>>>>
>>>>> - altofalante vs altoparlante
>>>>>
>>>>> Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a
>>>>> única que contempla o DRAG é «altofalante».
>>>>>
>>>>> - computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas)
>>>
>>> E aquí a RAG, recolle computadora, ordenador :-(
>>>
>>> En xeral,
>>>
>>> A lista de termos de discusión está a cargo de Leandro, que é tamén
>>> quen toma nota dos acordos. Eu prefiro que preparemos as entradas
>>> propostas da seguinte maneira, como ata agora
>>>
>>> - alguén ten unha dúbida ou fai unha proposta (Leandro anota para a
>>> Trasnada ou comenta se hai xa decisión)
>>> - o que inicia a discusión, argumenta ou propón e os demais engaden,
>>> rebaten ou fan propostas.
>>> - o que inicia a discusión pode pechala, informando da decisión
>>> temporal que toma para o seu goberno
>>>
>>> Prepaŕase a trasnada cos termos abertos tomando en conta a súa
>>> transcendencia ou urxencia
>>> - cada un prepara a súa posición para discutir e acordar. Polo menos
>>> saber se lle afecta, canto, e cal é a tradución actual nos proxectos
>>> de referencia.
>>> - observación doutras fontes (outros grupos ou traducións, decisións
>>> académicas, outras referencias)
>>> - No caso de non poder asistir pode enviar notas para a Trasnada a
>>> cargo de Leandro
>>>
>>> Discusión e acordo
>>> - Definición e proposta de implantación
>>> - Implantación xeral para o seguinte ciclo de localizacións
>>> - Creación do TBX actualizado
>>> - Actualización das MT
>>>
>>> O problema que temos neste momento é que pasou moito tempo desde a
>>> última, que ademais non foi moi numerosa a asistencia polo que temos
>>> bastante caos en cal é a situación actual.
>>
>> Non, o problema é que na segunda Trasnada (levamos tres) despois da
>> Trasnada engadíronse algúns termos que non estou seguro de se se
>> discutiron. Por iso na última estiven moito máis enriba para evitar
>> que a xente salte dun tema a outro sen que me dea tempo a rexistrar
>> todo ben antes e de forma que eu tamén poida participar (eu tamén
>> quero xogar :) ).
>
> Teño unha gravadora dixital que non emprego para nada hoxe en día.
> Pódocha ceder se che resulta útil.

Agradécese. Aínda así é imperativo manter unha orde na discusión e
evitar cambiar de tema antes de rematar de discutir o tema anterior
(agás en casos excepcionais que o esixan), porque senón despois é moi
traballoso pasar o discutido a un ficheiro TBX. <broma>Por isó estiven
pensando tamén eu en levar un látego.</broma>

>>> Este método é moito máis serio e produtivo porque permite "pechar" e 
>>> avanzar.
>>> Estou convencido de que se tivesemos as ferramentas actualizadas e
>>> baixo control todo sería máis rápido e máis eficaz.
>>> Haberá que repartirse o traballo.
>>>
>>>
>>>>>
>>>>> ---
>>>>> [1]
>>>>>
>>>>> https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a