2012/5/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2012/5/7 damufo <dam...@gmail.com>:
>>
>>
>> En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>
>>> Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo
>>> electrónico
>>> para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder
>>> asistir expresen tamén a súa opinión.
>>>
>>> Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións
>>> ás
>>> que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos
>>> que
>>> tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase.
>>>
>>>
>>> Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no
>>> TBX
>>> das trasnadas aparecen así:
>>>
>>> - initialization → inicialización
>>>
>>> - initialize → inicializar
>>>
>>> - environment → entorno
>>
>> Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que
>> tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara.
>>
>
> Ao revés. O que parece non valer é contorno/a. Esta última de ningunha 
> maneira.
>
>
>>> - application, app → aplicativo
>>>
>>> Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden
>>> así?
>
> As alternativas son aplicación, programa. A idea era especializar a parella:
>
> aplicación (sen valor de termo, acción ou efecto de aplicar algo)
> /aplicativo (con valor substantivo, de termo especializado)
> programa (con valor xeral, non especializado pola dificultade de
> acoutar o seu valor)
>
>>>
>>>
>>> Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase
>>> a
>>> súa discusión.
>>>
>>> - altofalante vs altoparlante
>>>
>>> Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a
>>> única que contempla o DRAG é «altofalante».
>>>
>>> - computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas)
>
> E aquí a RAG, recolle computadora, ordenador :-(
>
> En xeral,
>
> A lista de termos de discusión está a cargo de Leandro, que é tamén
> quen toma nota dos acordos. Eu prefiro que preparemos as entradas
> propostas da seguinte maneira, como ata agora
>
> - alguén ten unha dúbida ou fai unha proposta (Leandro anota para a
> Trasnada ou comenta se hai xa decisión)
> - o que inicia a discusión, argumenta ou propón e os demais engaden,
> rebaten ou fan propostas.
> - o que inicia a discusión pode pechala, informando da decisión
> temporal que toma para o seu goberno
>
> Prepaŕase a trasnada cos termos abertos tomando en conta a súa
> transcendencia ou urxencia
> - cada un prepara a súa posición para discutir e acordar. Polo menos
> saber se lle afecta, canto, e cal é a tradución actual nos proxectos
> de referencia.
> - observación doutras fontes (outros grupos ou traducións, decisións
> académicas, outras referencias)
> - No caso de non poder asistir pode enviar notas para a Trasnada a
> cargo de Leandro
>
> Discusión e acordo
> - Definición e proposta de implantación
> - Implantación xeral para o seguinte ciclo de localizacións
> - Creación do TBX actualizado
> - Actualización das MT
>
> O problema que temos neste momento é que pasou moito tempo desde a
> última, que ademais non foi moi numerosa a asistencia polo que temos
> bastante caos en cal é a situación actual.

Non, o problema é que na segunda Trasnada (levamos tres) despois da
Trasnada engadíronse algúns termos que non estou seguro de se se
discutiron. Por iso na última estiven moito máis enriba para evitar
que a xente salte dun tema a outro sen que me dea tempo a rexistrar
todo ben antes e de forma que eu tamén poida participar (eu tamén
quero xogar :) ).

> Este método é moito máis serio e produtivo porque permite "pechar" e avanzar.
> Estou convencido de que se tivesemos as ferramentas actualizadas e
> baixo control todo sería máis rápido e máis eficaz.
> Haberá que repartirse o traballo.
>
>
>>>
>>> ---
>>> [1]
>>>
>>> https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a