En 07/05/2012 18:01, Antón Méixome escribiu:
2012/5/7 damufo<dam...@gmail.com>:

En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu:

Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo
electrónico
para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder
asistir expresen tamén a súa opinión.

Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións
ás
que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos
que
tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase.


Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no
TBX
das trasnadas aparecen así:

- initialization → inicialización

- initialize → inicializar

- environment → entorno
Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que
tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara.

Ao revés. O que parece non valer é contorno/a. Esta última de ningunha maneira.


- application, app → aplicativo

Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden
así?
As alternativas son aplicación, programa. A idea era especializar a parella:

aplicación (sen valor de termo, acción ou efecto de aplicar algo)
/aplicativo (con valor substantivo, de termo especializado)
programa (con valor xeral, non especializado pola dificultade de
acoutar o seu valor)


Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase
a
súa discusión.

- altofalante vs altoparlante

Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a
única que contempla o DRAG é «altofalante».

- computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas)
E aquí a RAG, recolle computadora, ordenador :-(

En xeral,

A lista de termos de discusión está a cargo de Leandro, que é tamén
quen toma nota dos acordos. Eu prefiro que preparemos as entradas
propostas da seguinte maneira, como ata agora

- alguén ten unha dúbida ou fai unha proposta (Leandro anota para a
Trasnada ou comenta se hai xa decisión)
- o que inicia a discusión, argumenta ou propón e os demais engaden,
rebaten ou fan propostas.
- o que inicia a discusión pode pechala, informando da decisión
temporal que toma para o seu goberno

Prepaŕase a trasnada cos termos abertos tomando en conta a súa
transcendencia ou urxencia
- cada un prepara a súa posición para discutir e acordar. Polo menos
saber se lle afecta, canto, e cal é a tradución actual nos proxectos
de referencia.
- observación doutras fontes (outros grupos ou traducións, decisións
académicas, outras referencias)
- No caso de non poder asistir pode enviar notas para a Trasnada a
cargo de Leandro

Discusión e acordo
- Definición e proposta de implantación
- Implantación xeral para o seguinte ciclo de localizacións
- Creación do TBX actualizado
- Actualización das MT

O problema que temos neste momento é que pasou moito tempo desde a
última, que ademais non foi moi numerosa a asistencia polo que temos
bastante caos en cal é a situación actual.

Este método é moito máis serio e produtivo porque permite "pechar" e avanzar.
Estou convencido de que se tivesemos as ferramentas actualizadas e
baixo control todo sería máis rápido e máis eficaz.
Haberá que repartirse o traballo.
Concordo. fai falta un sitio onde consultar estas cuestións, o open-tran penso que de momento non vale para estas cousas.

---
[1]

https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a