2012/5/7 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/5/7 Antón Méixome <[email protected]>: >> 2012/5/7 damufo <[email protected]>: >>> >>> >>> En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu: >>> >>>> Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo >>>> electrónico >>>> para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder >>>> asistir expresen tamén a súa opinión. >>>> >>>> Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións >>>> ás >>>> que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos >>>> que >>>> tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase. >>>> >>>> >>>> Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no >>>> TBX >>>> das trasnadas aparecen así: >>>> >>>> - initialization → inicialización >>>> >>>> - initialize → inicializar >>>> >>>> - environment → entorno >>> >>> Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que >>> tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara. >>> >> >> Ao revés. O que parece non valer é contorno/a. Esta última de ningunha >> maneira. >> >> >>>> - application, app → aplicativo >>>> >>>> Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden >>>> así? >> >> As alternativas son aplicación, programa. A idea era especializar a parella: >> >> aplicación (sen valor de termo, acción ou efecto de aplicar algo) >> /aplicativo (con valor substantivo, de termo especializado) >> programa (con valor xeral, non especializado pola dificultade de >> acoutar o seu valor) >> >>>> >>>> >>>> Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase >>>> a >>>> súa discusión. >>>> >>>> - altofalante vs altoparlante >>>> >>>> Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a >>>> única que contempla o DRAG é «altofalante». >>>> >>>> - computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas) >> >> E aquí a RAG, recolle computadora, ordenador :-( >> >> En xeral, >> >> A lista de termos de discusión está a cargo de Leandro, que é tamén >> quen toma nota dos acordos. Eu prefiro que preparemos as entradas >> propostas da seguinte maneira, como ata agora >> >> - alguén ten unha dúbida ou fai unha proposta (Leandro anota para a >> Trasnada ou comenta se hai xa decisión) >> - o que inicia a discusión, argumenta ou propón e os demais engaden, >> rebaten ou fan propostas. >> - o que inicia a discusión pode pechala, informando da decisión >> temporal que toma para o seu goberno >> >> Prepaŕase a trasnada cos termos abertos tomando en conta a súa >> transcendencia ou urxencia >> - cada un prepara a súa posición para discutir e acordar. Polo menos >> saber se lle afecta, canto, e cal é a tradución actual nos proxectos >> de referencia. >> - observación doutras fontes (outros grupos ou traducións, decisións >> académicas, outras referencias) >> - No caso de non poder asistir pode enviar notas para a Trasnada a >> cargo de Leandro >> >> Discusión e acordo >> - Definición e proposta de implantación >> - Implantación xeral para o seguinte ciclo de localizacións >> - Creación do TBX actualizado >> - Actualización das MT >> >> O problema que temos neste momento é que pasou moito tempo desde a >> última, que ademais non foi moi numerosa a asistencia polo que temos >> bastante caos en cal é a situación actual. > > Non, o problema é que na segunda Trasnada (levamos tres) despois da > Trasnada engadíronse algúns termos que non estou seguro de se se > discutiron. Por iso na última estiven moito máis enriba para evitar > que a xente salte dun tema a outro sen que me dea tempo a rexistrar > todo ben antes e de forma que eu tamén poida participar (eu tamén > quero xogar :) ).
Teño unha gravadora dixital que non emprego para nada hoxe en día. Pódocha ceder se che resulta útil. > >> Este método é moito máis serio e produtivo porque permite "pechar" e avanzar. >> Estou convencido de que se tivesemos as ferramentas actualizadas e >> baixo control todo sería máis rápido e máis eficaz. >> Haberá que repartirse o traballo. >> >> >>>> >>>> --- >>>> [1] >>>> >>>> https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

