olá:

Xaquin Lores Torres wrote:
> 
> Hola
> 
> Por min hoxe mesmo.
> 
> E de paso decirvos que a CEG (Confederacion de Empresarios de Galicia)
> acaba de iniciar unha campaña para promocionar o soft en galego, creo que
> traduciron os programas de nominas e contabilidade de AS/400, e parece
> que van facer mais cousas.
> 
> Xaquin
> 
> On Sat, 16 Oct 1999, CrEqUe wrote:
> 
> > olá:
> >
> > weno, decidímonos dunha vez a comezar a facer algo ou non :? por min
> > facemos unha lista de correo para poñer en marcha o proxecto, discutir
> > se o poñemos en marcha ou non, como, ... pero facelo xa.
> >
> > por se alguén non se entera de a qué me refiro ... LEGAL: Linux En
> > GALego, unirnos baixo unha URL (simplemente cunha web que diga de que
> > vai e enlaces aos grupos participantes) os grupos que facemos algo
> > relacionado co GNU/Linux en galego.


antes nada ... creo eu a lista (en egroups.com) ou algún de vós (sería
mellor polo de manexala directamente, chegan antes as mensaxes ...)?

e máis: non sei se vos comentei algo de galego21. galego21 (
http://www.galego21.org ) é un grupo de software en galego, ou polo
menos en parte. non sei moi ben como é exactamente a cousa, pero teñen
cousas como o proxecto Xis (Netscape en galego), cursos de lingua, ...
pois ben, estiven falando cun dos tipos ("falando" por correo ;D) e
comentoume algo de que estaban a falar con empresarios e tal, así que
seguramente ten relación con eso que dis.

e seguindo nesta liña, comentoume que se tal aplicáramos o proxecto Xis
ao Netscape de Linux, que lle comentaran que era sinxelo portalo. eu
resposteille que nós só faciamos doc e que se tal que falaba eu con vós
para ver o que diciades. e ben ... que dicides :? non sei se tedes algún
problema coa licencia do Netscape (se estades tamén co KDE non creo), se
vos apetece ...

eu creo que o mellor é que lle diga que fale directamente nesta lista, e
así de paso coméntavos eso de falar con empresarios e tal ... okiz :?


aburinho!!

CrEqUe  <cre...@futura.interbook.net>


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a