Hola

Vexo que non me fago entender ben ;-)

Eu parto da base de que o que se quere é que moita xente que non usa 
linux por estar en inglés poida usalo en galego (poderian usalo en 
castelan, xa o sei, pero aqui entrariamos en cuestions mais profundas).
Parto da base de que se quere que linux sexa unha opcion para calquer 
persoa á hora de escoller un SO.
Non contemplo a posibilidade de traducir so para min, eu leo en inglés, 
en castelan e portugués, e non teño tempo que perder para que o SO me diga 
"non atopo o ficheiro"

Eu estou nesto para que outras persoas poidan "usar" linux en galego, e 
por usar non quero decir programar/adminstrar, senon "navegar", escreber 
texto, e xogar.
Escollo linux porque a filosofia que está detras me parece interesante, 
tanto a nivel técnico como organizativo.
Eu creo que é unha posibilidade única poder introducir o galego en linux, 
a estructura aberta permite facelo, cousa que non fai Windows, e que a 
medio prazo podemos ver ordenadores na Xunta, na escolas, nas casas, 
traballando en linux en galego.

Creo que non paga a pena o esforzo de traducir para unhas 1000 persoas, 
que deben ser os usuarios de linux agora en Galicia, si paga para 100.000 
(deben ser mais as instalacións de Windows :-( )


>       E que imos ver, eu coñezo MOITA xente que usa Linux, e de todos
> eles, so tres son administradores dalgunha rede que precisa realmente
> administración. E o resto, salvo un par de casos, nin son administradores,
> mais que da sua propia máquina.

Eu tamen coñezo moita xente que usa linux pero ninguen normal:non un/unha 
secretario/a, contable, bancario/a, estudiante de ESO, universitario/a 
non informático, etc.
A maioría usa Windows :-(

Se chegamos a eses usuarios, linux ten posibiliades de medrar en Galicia, 
en caso contrario quedará circunscrito ás facultades de informática, e a 
"catro gatos mais". Acabaremos por cansarnos e as traduccións quedarán 
paradas no tempo, como sucede con alguns outros idiomas.
Se conseguimos "masa crítica" o dia que nos o deixemos haberá outros que 
collan o testigo. É cuestión de números, hai mais xente "enrollada" en 
100.000 que en 1000.

>       1. Netscape xa o andan a traducir.

Pois que alguén me pase a traducción da versión Unix :-)

>       2. StarOffice non corre presa, para catro persoas que o usan cinco
>          minutos... Úsase bastante mais o pine/mutt/balsa, gnome-panel,
>          gmc, e similares...

Eu nunca usei Staroffice, porque nono teño instalado. Pero sei como se 
usa Office en Windows, sei cal é o uso que se lle da a Word, a Access, etc.
Por se che sirve de exemplo, a maioría (digamos 80%) dos proxectos fin de 
carreira da Fac. de Inform. da Univ da Coruña esta feitos con Word, do 
restante 20% a maioría con Latex e alguns con Framemaker e WordPro.
E falamos de informáticos, xente que cando llo comentas din que fuxen de 
Latex coma do demo.

>       3. Hai moitas ferramentas GPL que usamos a diario que estan sen
>       traducir ainda.

Ti mesmo o dis, ferramentas, seguramente make, lint, m4, cpp, rcs, etc. 
Eu non son informático, e non uso ningunha delas. E coma min a maioría 
dos usuarios de calquer SO.

> a verdade e que para navegar paréceme abondo... De tódolos xeitos un
> navegador web é das cousas nas que menos se fixa un na traducción, porque
> case nunca ten que ler texto do propio navegador.

De acordo, eu case nunca o fago. Pero vendo a outras persoas teñome 
sorprendido moito do uso que fan dos menus de Netscape. É incrible.

>       Non hai suite GPL, pero que porcentaxe de xente "Linuxeira" usa esas
> suites regularmente? e xente que usa o gnome-panel?

De novo, non me gustaria que o movemento linux acabase sendo unha especie 
de secta. Quero que nas escolas, na casa, na Administracion, etc se use 
linux como algo normal, non algo heroico.
Para chegar a eso a comunidade linux ten que poñer os medios, Gates xa se 
encarga do contrario.

>       Non é para decidir cales traducir, senon para asignar prioridades.
> De todos modos, eu, personalmente, négome a traducir un programa comercial.
> (comercial non inclúe nin Netscape nin StarOffice, inclue Civilization III
> por exemplo).

De acordo, ainda que sospeito que temos prioridades diferentes :-))

> > Nota: por éxito entendo que sexa usado por mais xente que nos mesmos e 
> > asimilados (estudiantes de informática)
> 
>       Que sexa usado o qué? O Netscape? As traduccións?

Linux en galego


> > Disgresion: pensade que pasaría se tivesemos traducido gcc, libc, etc., e 
> > non tivesemos o bash. Que os programadores estarian contentos e os 
> > usuarios non, e cal é a ratio usuarios/programadores no mundo Windows, e 
> > no mundo linux?
> 
>       E logo que lle pasa ó bash? Eu cría que o GNU bash tiña licencia GPL
> :-m Non entendo ese símil... Eu uso o bash seguido, é unha desas cousas
> imprescindibles, pero o Netscape non... E non creo eu que un "usuario" de
> Linux deses que dis ti teñan o Netscape facendo de intérprete de comandos...
>       Por qué che parece tan básico o netscape? Só se usa como moito media
> hora ó día no ratiño que tes para conectar a internet...

Non me expliquei ben, quería decir que o bash é a parte "visible" do 
sistema. A parte que interacciona co usuario e que este vai usar para 
xulgar o SO.
Non ten sentido ter traducido as ferramentas mais complexas e non 
traducir o que a xente ve do SO.
Do mesmo xeito, o que a xente valora en Windows é o Office, 
Netscape/Explorer, e os xogos. Son a "parte visible" do sistema.

Resumindo, pero menos ;-)

Se eu quero convencer a un amigo de que se pase a linux, e este amigo 
traballa nunha oficina de calquer tipo, estudia en calquer nivel, etc. 
teño que decirlle que posibilidades "gráficas" ten en internet, que hai 
"parecido" a Word, Excel, e Access, e que xogos ten disponibles.
Xa da por suposto que o SO é tan bo e amigable como Windows.


Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a