O Tue 19 Oct 1999 19:04:21 -0100, Xaquin Lores Torres escribía:

 [Agora estou morrendo de sono, así que igual digo agora algo que cinco
horas despois nego X-))]

> ¿Para quen traballamos?

 Eu creo que, primeiro, para nós. Nós metémonos neste proxecto porque nos
gostaría que o Linux nos diga "ficheiro non atopado" cando metamo-la pata, e
non o seu equivalente en castelán ou en galego.

 O grande de GNU e de Linux é que son proxectos que conseguían algo que
aqueles que participan neles conseguen o que queren: un conxunto de
programas que poden modificar ao seu gosto, e dos que poden aprender vendo o
código fonte: obxectivos do software ceibo.

 Eu teño un defecto (en realidade teño moitos, pero neste caso só é
relevante un): que son moi tiquismiquis :) Creo que non sería propio dun
proxecto coma este comezar a traducir software comercial tendo antes tanto
software ceibo para traducir; polo menos así non teño a molesta sensación de
estar facendo de man de obra gratuíta para unha casa comercial; e iso
aplícoo tamén -- a diferencia de Rubén -- ao Netscape e ao StarOffice: ¿quen
nos garante que dentro de seis meses eses programas van seguir sendo
gratuitos? E daquela, ¿que facemos coas traduccións? Seguen sendo nosas, e
gratuitas, pero só poden utilizalas aqueles que teñan pago o seu programa,
co que grande parte dos obxectivos que puxemos coa traducción dese programa
pérdense.

 Quede claro que isto é a miña opinión persoal, alomenos no actual estado de
profundo sopor no que me atopo, e que non representa á opinión de ninguén
máis ca min mesmo :) Vaia, que igual eu son o único de aquí que é tan
escrupuloso :) En fin...

-- 
Un saludo: Jacobo Tarrío, miembro de GPUL
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a