Xaquin Lores Torres escribíanos o 20 de Oct de 1999:

> Creo que non paga a pena o esforzo de traducir para unhas 1000 persoas, 
> que deben ser os usuarios de linux agora en Galicia, si paga para 100.000 
> (deben ser mais as instalacións de Windows :-( )

        Ben. Esto resume todo perfectamente :) Sinto, pero non estou de
acordo con iso, e coma min estou certo de que moita xente mais (non si?).
Hai un refrán que seguro coñecerás, que di "Mais vale malo coñecido que bon
por coñecer". O que ti comentas, paréceme unha estratexia moi comercial, e
nos non facemos nada comercial ;) Trata ben á xente que xa se molestou en
instalar Linux, e logo vai polos demais...
        Isto sería coma se nun restaurante tratasen mellor á xente que nunca
foi, que ós habituais, non ocorre así, como ves, incluso hai sitios
comerciais nos que pensan coma min...

        Certamente, paréceme moi mal deixar tirados ós usuarios de sempre
para ir á caza de novos usuarios... A min góstame moito poder ver o wget
baixando cousas e falándome en galego, e o mesmo co glade, gnome, etc. E
perdo o tempo que faga falta para configuralo dese xeito. Para min non é
tempo perdido. Pero bueno, nisto cada cal terá a súa opinión e eu respeto
todas...

> >     1. Netscape xa o andan a traducir.
> 
> Pois que alguén me pase a traducción da versión Unix :-)

        Falaba do XIS ese, pero parece que non é o que eu pensaba :-m

> Por se che sirve de exemplo, a maioría (digamos 80%) dos proxectos fin de 
> carreira da Fac. de Inform. da Univ da Coruña esta feitos con Word, do 
> restante 20% a maioría con Latex e alguns con Framemaker e WordPro.

        Ese 20% non serán os de enxeñería/licenciatura por un casual, non?

> E falamos de informáticos, xente que cando llo comentas din que fuxen de 
> Latex coma do demo.

        É cuestión de que cho presenten... Pero home, para algo tes LyX...

> >     Non é para decidir cales traducir, senon para asignar prioridades.
> > De todos modos, eu, personalmente, négome a traducir un programa comercial.
> > (comercial non inclúe nin Netscape nin StarOffice, inclue Civilization III
> > por exemplo).
> 
> De acordo, ainda que sospeito que temos prioridades diferentes :-))

        A miña primeira prioridade é satisfacer á xente que se molestou en
instalar Linux pola sua propia bontade, xente á que polo xeral lle gusta a
informática, e que instalan Linux para aprobeitalo, non simplemente para que
"non se colgue"... Logo de satisfacer a estes, xa nos poremos co resto de
xente que nin sequera o instalou, e de feito, non sabemos se por traducilo o
van a instalar ou seguirán a usar Windows...
-- 
"Todalas cousas son posibles, mais non todas son convenientes." 
                                                                  San Pablo
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a