On Tue, 19 Oct 1999, Jacobo Tarrio wrote:

> O Tue 19 Oct 1999 01:27:18 +0000, CrEqUe escribía:
> 
> > para ver o que diciades. e ben ... que dicides :? non sei se tedes algún
> > problema coa licencia do Netscape (se estades tamén co KDE non creo), se
> > vos apetece ...
> 
>  Home, tanto como problema non, ainda que non facemos KDE, polo de agora. O
> que ocorre é que o Netscape é propietario, e habendo tanto software
> (ceibo|libre) por traducir, mellor facer este antes que o non (ceibo|libre).

Ben, non estou de acordo.

¿Para quen traballamos?
Linux pode ser usado en entornos empresariais/domésticos como servidor ou 
como entorno de usuario final.
Os requisitos que se lle piden son moi distintos en cada caso. MOI distintos.

Os administradores de servidores empresariais saben inglés, prefiren a 
doc. en inglés porque ten menos posibilidades de erros, é mais recente e 
mais abundante. NON necesitan a traduccion.

Quédanos o usuario final. Tomando como usuario final unha persoa que ten 
un pc con acceso internet, que escribe documentos medianos (>10, <40 pax.)
e quen ven do entorno Windows.
Este usuario creo que quere:
1.-unha suite como Office
2.-Netscape/Explorer/Opera/etc
3.-xogos

Evidentemente quere esto gratis, fiable (sin pantallas azules), lixeiro, etc.

¿Que concluo de todo esto?
Que se queremos que alguén use o linux en galego temos que conseguir que 
teña algo parecido ó dito.
Podemos ser realistas e asimilar que por agora Mozilla non é a solución e 
que non hai suite GPL, ou podemos negar esta realidade.

En resume, creo que non debemos usar o criterio do tipo de licencia á 
hora de decidir que programas traducir. 

Considero que a existencia de algo como Netscape en galego é crítico para 
o exito do proxecto de traducción.
Nota: por éxito entendo que sexa usado por mais xente que nos mesmos e 
asimilados (estudiantes de informática)

Disgresion: pensade que pasaría se tivesemos traducido gcc, libc, etc., e 
non tivesemos o bash. Que os programadores estarian contentos e os 
usuarios non, e cal é a ratio usuarios/programadores no mundo Windows, e 
no mundo linux?

Saudos

Xaquin

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a