olá:

Xaquin Lores Torres wrote:
> [...] 
> >       1. Netscape xa o andan a traducir.
> 
> Pois que alguén me pase a traducción da versión Unix :-)

Netscape ándano a traducir ... para windoze ;P. non expliquei totalmente
o tema, erro meu, pero fágoo agora: estiven falando co coordinador do
proxecto Xis e comentoume que se tal os de GzLiNuX podiamos portalo a
linux; que segundo lle comentaran non era moi difícil. actualmente están
facendo o traballo para o netscape 4.5. pois ben, como nós non nos
adicamos a programas díxenlle que ia falar con vós, ou que se tal
tentaba axudarlles eu. coméntovolo a vós porque seguramente saberedes
mellor como facedes para o resto dos programas, e se tal podedes facelo
simplemente como colaboración persoal co Xis e non como grupo, incluso
(non sei se é posible) aplicarlle a GPL parra que non "sexa de
Netscape". eu desde logo se fago iso será como "independente colaborador
co Xis" e non como membro de GzLiNuX.

> [...]
> >       Non é para decidir cales traducir, senon para asignar prioridades.
> > De todos modos, eu, personalmente, négome a traducir un programa comercial.
> > (comercial non inclúe nin Netscape nin StarOffice, inclue Civilization III
> > por exemplo).
> 
> De acordo, ainda que sospeito que temos prioridades diferentes :-))

ben, pois segundo entendín simplemente é meter os ficheiros axeitados
para linux, é dicir, xa están traducidos por eles e só hai que axeitalos
para linux. é unha cuestión de traballo mínimo e moi rendible; e sería
quizais simplemente un interesado (por exemplo Xaquin -hala, fágote
voluntario forzoso XDDDDDDDDD-) e xa está.

e finalmente a cuestión principal daquela mensaxe ... QUEN FAI A LISTA?
;PPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPP


aburinho!!

CrEqUe <cre...@futura.interbook.net>


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a