> a ver, facemos estilo sindicato? polo menos unificar tarifas para cada
> tema (por traducción de pots, de páxinas do manual, ...)?

Home, eu non sei como entender todo o tema este, persoalmente teño pensado
facer algunha traducción pero sen cobrar nada, non me interesa
comprometerme a facer algo por cartos, e me gusta a idea de que conectiva
vexa o galego o suficientemente importante coma para querer lanzar
conectiva en galego, así que penso axudalos traducindo algunha cousiña e
sen cobrar nada. Persoalmente se eu estivese a traducir algo por que me
petase, no meu tempo libre, e alguén me quixese pagar por seguir facendo o
mesmo... non lle ia a dicir que non, pero tampouco me cebaría, en fin, que
a ninguén lle pareza mal, facede o que vos pete.

Polo dagora as únicas cifras que vin pareceronme moi altas, pero claro, eu
non traducín nada, así que cecais incluso sexan baixas.

Por isto e polo que me gustaría que estes temas (os monetarios e demais do
contrato) os falásedes directamente cos de conectiva, sen andar eu polo
medio. Estou tentando de facer isto, pero o contacto en conectiva anda moi
liado ultimamente.

Por certo, se alguén quere ver a beta da versión 5.0 de conectiva pódese
pasar por http://beta.conectiva.com.br creo lembrar :-?

Mantereivos informados do que me conten os de conectiva.

Saudiños!

Manty/BestiaTester -> http://www.mantianito.ddns.org

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a