Sun, Sep 17, 2000 at 12:48:06PM +0200, Ramón Flores d'as Seixas escribiu:

>       Non sei que saiu nos media sobre o proxecto do concello de Vigo de
>sacar unha distribución linux, mais como teño algo que ver no asunto ai van as
>seguintes aclaracións.

        Ben, a única referencia que tivemos foi a da mensaxe que escribiu
Alexandre na lista galicia-l, na que dicía o seguinte:

> 2) Proxecto GNU/LINUX en Galego
> Proposta: que o Concello de Vigo, só ou en colaboración con outras
> administracións locais (xa que a Xunta non está por esta laboura) e/ou
> en concordancia con entes privados, formen unha equipa de persoas que
> traballen pola galeguización do Linux e aplicacións correspondentes.

        É dicir, non sei se por descoñecemento, por falta de claridade, ou
porque decidiu simplifica-la explicación para os non familiarizados co
mundo Linux, o caso é que non fixo ningunha referencia ó da "distribución
en galego", que é unha cousa bastante distinta á "galeguización do Linux e
aplicacións correspondentes"

>A CCNL non vai facer unha distribución de Linux sen contar co Trasno.  Ás
>avesas, a CCNL buscará a colaboración do Trasno. É mais, supoño que terian
>muito interese en que alguen do Trasno formara parte da CCNL.

        Tampouco sería tan estraño. :)))  O mundo das distribucións de
Linux é así... calquera pode facer unha sen por iso ter que contar cos
proxectos de software libre.  Eu puxen o outro día a miña opinión na páxina
de información de Trasno, na pregunta 2.4 (e nas anteriores), e ninguén se
laiou (ben, as queixas non son frecuentes nesta lista :þ)

        Quero dicir, que eu puxen a mensaxe interpretando o que dixo
Alexandre, xa que alí referíase ó mesmo que estamos a facer nós.  Pero se o
que queren é facer unha distribución, a min paréceme caralludo, tanto se
contan connosco como se non o fan.

        Outro asunto é xa a viabilidade do proxecto (facer unha
distribución de Linux non é trivial, mesmo estando baseada noutra xa
existente)

>De feito Alexandre Prieto quedou en enviar un correo para por-se en
>contacto. Por se queredes adiantar-vos o seu enderezo é:
><minh...@wanadoo.es>

        Xa falou Manuel con el, pero seica non lle respondeu...

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a