Sun, Sep 17, 2000 at 07:29:31PM +0200, Ramón Flores d'as Seixas escribiu:

>>      É dicir, non sei se por descoñecemento, por falta de claridade, ou
                                ^^^^^^^^^^^^^^
>> porque decidiu simplifica-la explicación para os non familiarizados co
>> mundo Linux, o caso é que non fixo ningunha referencia ó da "distribución
>> en galego", que é unha cousa bastante distinta á "galeguización do Linux e
>> aplicacións correspondentes"
>
>Repito, Alexandre non coñece muito o mundo do linux (de feito pediu-me axuda
>para instala-lo no seu computador algun ano destes).
>P.D. Francamente non creo que teñades nada que recear de Alexandre, se cadra
>descoñecemento.

        Pois é o que imaxinaba eu.  Eu non puxen a mensaxe porque recease
de Alexandre, simplemente para que a xente soubese que a mensaxe e o
interese existía.

>Sindo desiludiros mais non vai aparecer que vos faga o choio. En todo caso pode
>aparecer nova xente para axudar, e se cadra non só para traducir. E seguramente

        Isto non o entendo, parecen dúas frases contradictorias.

>poden-se conseguir financiación, publicidade, locais, etc. Ademais se un
>concello axuda ao Trasno, ou outros van ter ciumes, e tamén quereran axuda-lo.

        Creo que iso xa o comentamos algunha vez...  Está respondido nas
preguntas 1.7 e 1.6 (e, de novo, ninguén se laiou por elas).  Creo saber que
practicamente ninguén dos que aquí estamos querería recibir ningún tipo de
financiación. E creo que publicidade e locais por sorte non necesitamos. ;)

>  Unha cousa é facer unha distribución totalmente nova e outra e adaptar unha
>xa existente: traducir non só os programas, mais tamén a documentación, gravar
>uns CDs, imprimir un manual e distribui-lo por aco. Con todo semella que o da

        Ben, isto tampouco é trivial, a menos que te refiras a colle-lo CD
tal como ven nalgunha distribución e face-lo resto.  O que pasa é que iso
xa é cuestión de nomenclatura, porque eu a iso non lle chamo "outra
distribución". O;)

>Unha das cousas que falamos por telefone foi na posibilidade de introducir
>software libre e en galego na administración. Ten as suas dificultades, mais
>facendoo ben poderia ser un puntazo. Por ai xa hai mais xente a pedi-lo.

        Home, iso é indubidable, pero penso que xa é un debate á parte. :)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a