Em Quarta 25/01/2006 às 00:45, "Xabi García" dizia...

> Xa, pero non falaba dunha vila ou dunha aldea. Nun rexistro formal e
> escrito, tamén atopo moitos usos de amosar.

Desde logo, é bastante habitual no galego isolacionista :-) É entre
os reintegracionistas que se utiliza 'mostrar', pensei que ia por aí
a tua dúvida. Sobre os chamados "mínimos"... desconheço se todavia se
utilizam, eu pensei que desde a última reforma da RAG se deixaram de
usar, ainda que ando bastante desconectado do debate normativo.

> E a reflexión referiase a que, habendo coma opcións "amosar"
> e "mostrar", a norma de mínimos escolle "mostrar", cando
> eu tiña entendido que adoitaba decantarse pola forma menos
> castelanizante. Claro que despois de informarme, vexo que a forma
> portuguesa é "mostrar". Así que xa se entende logo.

Que seja coincidente co espanhol não significa que seja um
castelanismo, a norma galega nunca se deveria elaborar "em contra" do
espanhol... (opino, e é um pouco por motivos similares ao do 'software
ceive' que comentei no outro mail).

Berto
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a