Boas a todos, aínda que non digo case nada novo, aí vou

eu creo que como se dixo por aí a idea dunha wiki sería o millor, pra
que así cada grupo puidera modifica-las súas cousas e ademais pra
crear un bo glosario entre todos.

Coido que sería moi bo ter unha distribución totalmente traducida ó
galego, por que iso de ver frases en galego e tamén en inglés á vez
raia moito.

No tema da lista de correo, eu penso que sería interesante dispor dun
foro onde cada grupo tivese o seu subforo ou o seu fío e así puidesen
trata-los seu temas cun chisco máis de organización ca unha lista.
Ademais creo que nun foro sería máis doado debater sobre termos
linguísticos e que outra xente opinase ou fixese peticións sobre
programas que lle gustaría ver traducidos.

saúdos
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a