Respondo sen ter lido tódalas mensaxes anterior á miña, perdoade se repito algo.

Eu penso que a idea de que todos vaian por libre esta ben. É máis levo
xa algún tempo traducindo Mandrake/Mandriva ó meu ritmo sen ter en
conta nin o de Trasno nin o do propio desenvolvemento de Mandriva.
Cando me da a arroutada traduzo e punto. Ademais tamén traducin
algunha outra cousa por aí, agora só son quen de lembrarme do
Tuxpaint.

Respecto da posibilidade de modificación da web paréceme ben, pero
estando esta limitada a un grupo de persoas con permiso. O que máis
interesante sería ca posibilidade de modificación sería o diccionario.
Vin que en Galego21, creo, tamén teñen un algo máis avanzado, pero
cando intentei editalo non me deixou.

No tema da aparencia penso que o único que ten pinta de ser do século
XXI son as barras das estatísticas. Voto por conservar as barras tal
como están.

Ademais destes temas gustaríame saber que pasa ca sección de
OpenOffice, e ca de algunhas distribucións coma Suse (son partidario
de eliminar esta), RedHat (por que non a cambiamos por Fedora), e
outras que levan mortas moito tempo xa.

Isto foi o que se me ocorreu nesta tormenta de ideas, perdoade se non
me expresei ben.

Ata logo,
                Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a