Supoño que tes razón, a veces falo sen estar moi informado, aínda que
recoñeceras que visitando a páxina o proxecto parecía totalmente
morto. Importaríache que lles fixese chegar a xente de Mancomun  o
malestar que causa  a súa actitude en algunha xente nestos proxectos.

Por certo, que formas de colaboración con Trasno e outros grupos de
traducción  vos parece que deberían de seguir para obter máis
softaware libre en galego.

Apertas, Miguel.

On 6/1/06, Jesus Bravo Alvarez <j...@pobox.com> wrote:
O Mércores 31 de Maio de 2006 ás 23:56, Miguel dicía:

>Ben, esto de protestar aquí non está mal. Pero realmente alguén de
>Trasno tentou poñerse en contacto ca xente de mancomun.org para tentar
>de arranxar este tipo de problemas,

        Tomás Fernández mandoulles unha mensaxe, e puxo nesta lista a
resposta, o día 11 de maio.

>sen ter que chorar nesta rolda do
>pouco caso que lle fan a un proxecto, que por outra parte non estivo
>moi activo nestes últimos anos.

        Xa se nota...

http://l10n-status.gnome.org/gnome-2.14/gl/index.html
http://l10n.kde.org/stats/gui/stable/gl/index.php
http://www1.mandrivalinux.com/l10n/gl.php3
http://www.iro.umontreal.ca/translation/registry.cgi?team=gl

        Só con iso xa son máis de 90000 cadeas traducidas.  Aínda que o
proxecto-paraugas de Trasno non aparentase movemento, os proxectos de
tradución, que son os que realmente fan o traballo, si estaban a choiar.

        E eses proxectos son todos de software libre, e pola lóxica máis
evidente deberían ser mencionados nunha páxina que pretende ser referencia
para o software libre en galego.

        ¡Polo menos mencionar a existencia desas traducións!, aínda que non
se faga referencia aos tradutores nin/ou aos grupos que están detrás delas.
Nin é necesario que alguén deses grupos ou do grupo-paraugas lles avise.
Eses proxectos están aí, na rede, dende hai anos, e eles sábeno.  Mirar
para outro lado é ir contra a filosofía do software libre.

--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno



--
Miguel Ángel Fernández Morales
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a