Jesus Bravo Alvarez wrote:

        O asunto é que no se recoñeceu o mérito a ninguén.  E non é só unha
cuestión de mérito, é que directamente se ignorou o traballo deses
tradutores, como se non existise.
Pareceme correcto o que dis, e pido desculpas por que quizais o entendin de outro maneira. Posiblemente me influise o feito de que, inconscientemente, enganchei estas criticas con outras que veñen aparecendo desde que se comentou o da nova traduccion do OpenOffice.org.
Xa sei que non serve de excusa pero a min fíxome mete-la pata.

Respecto do comentario "como se non existise", quero aproveitarlo para opinar: Trasno non ten visibilidade, o que repercute en cousas como a escaseza de voluntarios ou "esquecementos" á hora de mencionarvos. Pareceme que se nota tamén en algúns ofrecementos que ocasionalmente chegan (algún alumno de traducción, algunha asociación de non-informáticos, ...), algunha solicitude, que desaparecen sen que aporten algo mais ós que traballades en torno a Trasno (por exemplo recoñecemento), nin ó software libre en galego

Valoro o voso traballo, de feito estou escribindo desde unha mandriva, bastante galeguizada, creo que por Leandro Regueiro, e uso KDE, que creo que debo agradecerche a ti, entre outros (corríxeme se me equivoco). Pero teño claro que está valoración débese a que son un "friki", un bicho raro que unha vez leu algo sobre Trasno e decidiu suscribirse á lista, en vez de esquecelo entre o rebumbio de información cotiá, que é o que fai a maioría da xente.

Xa sei que o voso traballo está aí, pero no mundo real hai moitas cousas que ainda que nos crucemos con elas non nos decatamos ata que alguén no-lo recorda.

En resume: sinto meter a pata, pero deberíades aproveitar este tipo de situacións para reflexionar e ver se se pode facer algo máis para mellorar a situación do software libre en galego; ou non, e decidir que a situación esta ben como está ou que non merece a pena cambiala, que é outra posibilidade.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a