O Mércores, 23 de Agosto de 2006 14:45, Leandro Regueiro escribiu:
> On 8/23/06, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net> wrote:
> > Marce, ¿Liches a nova sobre o da materia oscura e estás profundamente
> > trastornado? ¿Ou non entendo as implicacións?
>
> Igual lle gustan os números. Seguro que hai unha boa razón. Maldito spam.
>
Home, defini-me como spam.....
o que me trastornou foi o da medalla recusada por Perelman...

non, agora en sério, ten as suas implicazóns, resulta que estiven a extrair a 
lista de palabras inicialmente sinalada, co obxecto de compor un dicionario 
en formato "dict", para poder usa-lo co "Ktranslator".
E isto para que?
Recordas o que dicia Xabier Villar (olá, a ver se se che vé o cabelo) na 
reunión de que habia estar ben se o kbabel tivese unha ferramenta tal que 
sinalando unha palabra no msgid, indicase posíbeis traduzóns. Pois se as 
contas non me falham, a unión de kbabel + ktranslator pode ser unha 
aproximazón moi boa.
Claro, hai que dispor dun dicionário englis-galician, nalgun dos formatos que 
ktranslator poda manexar, que sinto-o moito dicir, non é o do glosário de 
trasno, pero case.

Para construir este dicionário, e tendo en conta o público de que se falaria 
(xente con coñecimentos meios-altos de inglés, e onde se habian pesquisar en 
eséncia palabras técnicas/raras), pareceu-me unha boa base obter a lista de 
palabras que son utilizadas no obxecto da traduzón.

Axuda-me alguén a filtrar os listados?

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpoLni5GS0s2.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a