On 8/23/06, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
O Mércores, 23 de Agosto de 2006 14:45, Leandro Regueiro escribiu:
> On 8/23/06, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net> wrote:
> > Marce, ¿Liches a nova sobre o da materia oscura e estás profundamente
> > trastornado? ¿Ou non entendo as implicacións?
>
> Igual lle gustan os números. Seguro que hai unha boa razón. Maldito spam.
>
Home, defini-me como spam.....
o que me trastornou foi o da medalla recusada por Perelman...

O de spam non ía por ti, estanme bombardeando con spam.

non, agora en sério, ten as suas implicazóns, resulta que estiven a extrair a
lista de palabras inicialmente sinalada, co obxecto de compor un dicionario
en formato "dict", para poder usa-lo co "Ktranslator".
E isto para que?
Recordas o que dicia Xabier Villar (olá, a ver se se che vé o cabelo) na
reunión de que habia estar ben se o kbabel tivese unha ferramenta tal que
sinalando unha palabra no msgid, indicase posíbeis traduzóns. Pois se as
contas non me falham, a unión de kbabel + ktranslator pode ser unha
aproximazón moi boa.
Claro, hai que dispor dun dicionário englis-galician, nalgun dos formatos que
ktranslator poda manexar, que sinto-o moito dicir, non é o do glosário de
trasno, pero case.

Para construir este dicionário, e tendo en conta o público de que se falaria
(xente con coñecimentos meios-altos de inglés, e onde se habian pesquisar en
eséncia palabras técnicas/raras), pareceu-me unha boa base obter a lista de
palabras que son utilizadas no obxecto da traduzón.

Axuda-me alguén a filtrar os listados?

Igual eu máis adiante, despois dos exames. Tamén propoño facer algo
semellante con nomes de paises, etc. ainda que eses seguramente non os
hai que filtrar.

Ata logo
           Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a