On 8/29/06, Daniel Muñiz Fontoira <dmun...@gmail.com> wrote:


 Non só teño o galego instalado, de feito mirei nos cartafois de ingles e
español e en ningún deles aparece o kBabel.mo

Será porque non tes os paquetes correspondentes instalados.

 Por outra banda fun ao apartado de preferencias e ao entrar indicame que me
faltan:
 language-pack-kde-gl (2076)
 language-pack-kde-gl-base (851k)
 Pero eu uso gnome non kde.

É igual. Instálaos, que mal non fan.

 Curiosamente pasoume o mesmo co bluefish o cal non mo traducía, fun ao
cartafol /usr/share/locale/es/LC_MESSAGES/ e copiei o
ficheiro bluefish.mo e pegueino no cartafol
/usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/ e "bualá" traduceumo ao
español, xa preguntei se alguén está a traballar na tradución.

 Co gimp e o kbabel non pasa nada disto. Mirei nos repositorios por se
instalaban algún .mo en algún cartafol e non aparece nada.

Co gimp sería raro, xa que ainda hai moi pouco que está traducido.
Proba a instalar os paquetes de KDE a ver se ven a tradución de
kbabel. O do gimp véxoo máis complicado e paréceme raro que non rule.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a