On 8/29/06, mvillarino <[email protected]> wrote:
O Martes, 29 de Agosto de 2006 10:55, Daniel Muñiz Fontoira escribiu: > Insltalei o que me faltaba e o kbabel xa está en galego. Só por curiosidade, que resultado che dá: echo "en pack:" && dpkg -L language-pack-kde-gl | grep kbabel && echo "base:" && dpkg -L language-pack-kde-gl-base | grep kbabel ? E do gimp, o nome fo ficheiro mo é xa que logo gimp20.mo ?
Si, é gimp20.mo porque estamos na versión 2 do Gimp. Respecto ó de colgar o .mo en Trasno, non lle vexo moito fundamento a iso. En canto se actualicen as distros, xa aparecerá el soíño en galego. Respecto ó de que aparece a metade en galego e o resto non, podes mirar en http://l10n-status.gnome.org/HEAD/gl/extras/index.html e fixarte en que hai varios catálogos que comezan por gimp e non todos están traducidos. Se queres pódeste animar e intentar traducir o gimp-tips, que son 35 cadeas e é o primeiro que se ve do Gimp cando o arrincas (alomenos a primeira vez). Ata logo, Leandro Regueiro

