Hola.

Son un profe de instituto que estivo traballando en algo que coido que xa viña facendo ben falta: a tradución e adaptación dunha distribución para o ensino (www.galinux.org). O traballo principal xa está rematado e agora somos un pequeno grupo de amigos mestres e profesores que andamos a pulir erros e facer complementos.


Quería, primeiro, informarvos da nosa iniciativa, e segundo, darvos as grazas a todos aqueles que fixestes posible o noso traballo. Xa levo perdida a conta de quen fixo a tradución de que, pero sí sei que vos estades en moitos apartados.

Unha aperta.

Teo Ramírez
IES Concepción Arenal (Ferrol)

Responderlle a