El día 26/10/06, Teo Ramírez <[email protected]> escribió:
Hola. Son un profe de instituto que estivo traballando en algo que coido que xa viña facendo ben falta: a tradución e adaptación dunha distribución para o ensino (www.galinux.org). O traballo principal xa está rematado e agora somos un pequeno grupo de amigos mestres e profesores que andamos a pulir erros e facer complementos. Quería, primeiro, informarvos da nosa iniciativa, e segundo, darvos as grazas a todos aqueles que fixestes posible o noso traballo. Xa levo perdida a conta de quen fixo a tradución de que, pero sí sei que vos estades en moitos apartados. Unha aperta. Teo Ramírez IES Concepción Arenal (Ferrol) -- To unsubscribe, send mail to [email protected].
Noraboa pola iniciativa e o traballo :). Só me gustaría apuntar que o iso da icona co logo de Windows no menú non me parece moi adecuado. Entendo que paraquen empeza poida ser unha (pequena) axuda, pero creo que a longo prazo pode supoñer máis ben un problema. E iso sen ter moita idea dos posibles dereitos que a marca de Redmond poida ter sobre o o uso do logo :( Sobre o resto de iconas, non teño xa tan claro se manteñen copyright sobre elas. -- Xabier Villar

