Esta ben ter outra distro parcialmente en galego, pero coido que igual teria sido mellor intentar colaborar ca xente de Agnix.
Vin na páxina web, igual me trabuco, que o abiword está en galego. Isto é certo en parte, ainda que eu non consideraría que está traducido tendo só o 4% das cadeas traducidas. Se alguén de vós se anima: http://trasno.net/outros:inicio Ata logo, Leandro Regueiro On 10/26/06, Teo Ramírez <[email protected]> wrote:
Hola. Son un profe de instituto que estivo traballando en algo que coido que xa viña facendo ben falta: a tradución e adaptación dunha distribución para o ensino (www.galinux.org). O traballo principal xa está rematado e agora somos un pequeno grupo de amigos mestres e profesores que andamos a pulir erros e facer complementos. Quería, primeiro, informarvos da nosa iniciativa, e segundo, darvos as grazas a todos aqueles que fixestes posible o noso traballo. Xa levo perdida a conta de quen fixo a tradución de que, pero sí sei que vos estades en moitos apartados. Unha aperta. Teo Ramírez IES Concepción Arenal (Ferrol) -- To unsubscribe, send mail to [email protected].

