O Xoves, 24 de Maio de 2007 15:53, Leandro Regueiro escribiu: > Iso débese usar en contextos raros. Na miña vida vin tal. Polo menos > podo asegurar que non se usa no Inkscape, ou polo menos non hai dous > ou tres meses. >
É dunha extensión/plugin de kipi, e iirc tamén de krita. > Hai unha chea de programas para manipulación e creación de imaxes, > como ben dis. Sería moi útil xuntar tódolos termos conflitivos e > buscarlle unha tradución axeitada e unificada para poder traducir en > condicións dunha vez eses programas. De feito iso foi o que me parou > de poñerme co Gimp e o que me limitou ó traballar co Inkscape. Por iso estou dando a brasa ultimamente con vocábulos ingleses, e engadindo-os ao glosario. De feito este meiodía engadin uns que foron perguntados na lista hai tempo (aqueles dentro de mensaxes encabezados por "Dúbida: vocábulo") Ben sei que moitas cousas non son moi xerais (como "blame"), e non están moi consensuadas, pero sempre estamos a tempo de engadir novas posibilidades de tradución e mudar a eleita como recomendada para cada área temática. -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpCoQKpVi4dZ.pgp
Description: PGP signature

