Boas!,
Con esto do período estival estou dedicando algo de tempo na tradución
do KDE e isto dá pé a que faga/dea as seguintes reflexións/consellos:
1. Plugin: actualmente traducido coma 'extensión', 'complemento' e
'plugin'. Plugin é un termo moi entendido mais sinxelo e
intuitivodabondo (asi coma cacofónico) como para poder ser
galeguizado. 'Complemento' define o obxecto dun plugin mais
quédase curto pois un plugin non só 'complementa' as función dun
programa senón que as 'extende'. Dos tres 'extensión' debería,
creo ser a escollida.
2. Shapes: no módulo de Koffice aparece ata fartar. Traduciuse como
'formas' mais estanse a referir a eses 'marcos'/'molduras' que se
introducen nun texto para mostrar unha imaxe, fórmula,
vídeo...Seguindo o que os tradutores de Scribus fixeron paréceme
adecuado traducilo coma 'molduras': por dar a idea dun marco que
acolle contido.
3. Capitalize/case: O termo inglés 'capitalize' refírese a poñer en
maiúsculas a tipografía e case é a propiedade da tipografía que
ten por 'variables' maiúsculas/minúsculas (igual nn e explico).
En castelá/galego 'capitalizar' é tomar como propio o capital ou
o conseguido por outros. Cales poderían ser as traducións logo?.
Caso podería ser a de 'case' mais deberíase usa-lo anglicismo
'capitalizar'?
4. criar/crear: sen ánimo de ofender a ninguén; coma galego falante
arrepíame o uso de criar en vez de crear: criar críanse os polos,
os porcos mesmo a xente pero crear é algo distinto: é xerar. É un
"fallo" que vexo bastante e agora non falo das traducións.
E coma colofón, xa que agora dispoñemos dunha ferramenta coma
open-trans.eu deberíase intentar chegar a un consenso para unificar as
traducións. Non digo que haxa que facer nada especial senón que se vaia
consultando termos novos ou nos que dubidamos para intentar ir acadando
unha coherencia interna e entre os proxectos de tradución de GNOME e KDE
que son os que aparecen ligados na web. Pensade nun usuario calquera que
colla escritorios traducidos: podese atopar no firefox o termo
'preferencias' para as configuracións do programa e logo se vai a
Konqueror para o mesmo vai ter que escoller 'Configuración', incluso
noutros programas tería que ir a 'Preferencias'. Idem para
archivo/ficheiro; gravar/gardar...
Opinións?