> Eu sonvos dos que non manteñen moito o estilo. Adáptome bastante ó > contexto. Así de entrada podo comentar que comezo tódalas frases por > maiúscula e que nos xogos trato ó usuario de ti...
Pois a estas cousas é ás que me refiro. Son pouca cousa, pero ir dándoas a coñecer axudará moito a mellorar a calidade a medio prazo (1-2 anos, unha revisión maior do que sexa). A miña guía non eran máis que as cuartillas coas notas que fun tomando desque comecei con kde4, postas en bonito, e penso que non quedou tan mal. En si non leva moito tempo, nun día faise algo presentábel. Pero fai falla que o faga máis xente, para ir chegando a cousas firmes.

