Creo ter lido por aquí que varios de vós pretenden crear unha entidade que
dea cobertura legal ao Trasno.

 Cando estea feita, comunicádeme o nome dun responsable ao que transferir o
dominio, os datos da web e a relación de subscriptores da lista do proxecto.
Non existe un arquivo oficial, pero podo xuntar unha copia do meu arquivo
persoal da lista. Desde o momento en que esa transferencia estea realizada,
xa non terei relación ningunha co Proxecto Trasno.

 Tamén, despois de que se publique Lenny deixarei de traballar na l10n de
Debian.

 Supoño que a partires dese día ha ser a Idade de Ouro das traducións de
software libre ao galego, como mínimo. 

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Attachment: signature.asc
Description: Digital signature

Responderlle a