El lunes, 23 de junio de 2008 a las 14:29:48 +0200, Leandro Regueiro escribía:

> Jacobo, déixalo porque che están comendo a moral, ou por problemas de
> tempo, etc??

 Hai anos que barallo a idea de deixalo totalmente. Queimeime no 2002, e
outra vez no 2004, e despois ata o 2006 non fixen nada, ata que Christian me
pediu que actualizara as traducións de APT e dpkg, e me puxen a facer iso
baixo a condición autoimposta (para non me volver queimar) de facelo eu pola
miña conta e á miña maneira.

 Como semella que aumenta a presión para que iso non continúe así, o mellor
é facer o que quería facer desde hai tanto tempo e deixalo totalmente.

 Que son 9 anos, e moitos deles paseinos moi aburrido do tema. Xa é hora de
pasar a facer outras cousas que me interesen máis.

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Responderlle a