bandua escribiu:
On Sunday 22 June 2008 04:25:55 Jacobo Tarrio wrote:
 Creo ter lido por aquí que varios de vós pretenden crear unha entidade que
dea cobertura legal ao Trasno.

Si, certo, esa é a pretensión de varios que estamos por aquí. Pretendemos que
'unificar' á xente que 'localiza' SL e facer que máis xente colabore.

 Cando estea feita, comunicádeme o nome dun responsable ao que transferir o
dominio, os datos da web e a relación de subscriptores da lista do
proxecto. Non existe un arquivo oficial, pero podo xuntar unha copia do meu
arquivo persoal da lista.

umm, ben. Farase, seguramente pero...

Desde o momento en que esa transferencia estea
realizada, xa non terei relación ningunha co Proxecto Trasno.
 Tamén, despois de que se publique Lenny deixarei de traballar na l10n de
Debian.

Non estou o tanto do que pasa en Debian, pero porqué deixar Trasno?. Entendo
que ti fuches ( e moi probablemente, es) unha persoa de capital importancia
para que hoxe haxa traducións e haxa xente traducindo aquí así que, se non hai
motivos persoais ou laborais non entendo, inda que, evidentemente, é unha
decisión respetable.  A min persoalmente, gustariame que seguiras tendo unha
certa vinculación con Trasno. Decir cal correspondeche a ti.
eu tamén penso que sería positivo que continuase esa vinculación.

 Supoño que a partires dese día ha ser a Idade de Ouro das traducións de
software libre ao galego, como mínimo.

umm... iso espero. Intuo un certo tono irónico, corrixeme se me equivoco. Unha
asociación non levará a ninguén á gloria nin vai facer o traballo por arte de
maxia. Se pensabas nisto, non é esa a idea. Na reunión do g11n debateuse a
idea de que os tradutores deberíamos 'profesionalizarnos'  e o da asociación
vai nesa liña. Leandro describiu moi ben neste fio cales serían as
posibles utilidades da asociación.

Saúdos!


Responderlle a