Uff.
Primeiro, ainda non temos moi claro se imos facer unha asociación. De
facerse non temos moi claro para que, ainda. Sairon unha ou dúas
razóns polas que era aconsellable, coma para recibir aportacións
económicas da xunta, e que esta puidera ter unha relación real co
proxecto trasno, xa que agora somos un grupo anárquico no que respecta
a eles. Por outra parte con recursos económicos poderianse realizar
xuntanzas para mellorar a cohesión do grupo, intercambio de ideas e
métodos, etc. Ademais coma asociación igual se poderian realizar
obradoiros en certos sitios coma na universidade e incluso poder
solicitar a realización de obradoiros de tradución polos que concedan
créditos de libre elección. Todos estes serían sitios onde poder
adestrar ós novos tradutores e/ou atopar novos tradutores, que falta
nos fai todo isto.

Segundo, non poderias continuar ainda que fora a un nivel de traballo
baixo? Se finalmente o deixas teremos que ver quen se fai cargo desta
distro. Eu penso que xa teño bastantes cousas nas que choiar, pero se
consigo deixarlle unha ou dúas distros a outras persoas e jacobo deixa
instruccións para facilitar o traspaso do traballo, poderia intentar
facer algo, ainda que para estas cousas sempre é mellor ter un equipo
de tradución de varias persoas, coma en openSuse. Creo que hai varios
trasnegos que usan debian, se algún deles se ofrecera voluntario... O
malo de ter que tomar o relevo é que hai pouca xente nova disposta
realmente a coller cousas, e non me gusta moito a idea de que alguén
sen moita experiencia retome un proxecto cunha calidade de tradución
tirando cara o alto, pero supoño que non hai opción...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a